IniciosociedadeSober presenta o cartel e a programación da XLIV Feira do Viño...

Sober presenta o cartel e a programación da XLIV Feira do Viño e o Mes do Amandi

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, presentou este sábado no miradoiro de Pena do Conde, na Barca, a programación da XLIV Feira do Viño de Amandi, que terá lugar do 22 ao 24 de marzo. Déronse a coñecer tamén as actividades que forman parte do Mes do Amandi e o cartel anunciador do evento, cuxo autor é o vilalbés, Eduardo Pérez Baamonde. O acto de presentación contou tamén con membros do equipo de Goberno, adegueiros e adegueiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este ano o convidado de honra é o Concello de Pereiro de Aguiar, nunha edición da feira que por vez segunda vai comezar o venres 22 de marzo e estenderse durante o sábado e domingo de Ramos.

Para a presente edición están inscritas 22 adegas da subzona de Amandi: A Carqueixa, Algueira, Barbado, Cividade, Cruceiro, Don Bernardino, D´Fran, Finca Cuarta, Guímaro, Gullufre, Lucenza, Malcavada, Marcelino I, Petrón, Proencia, Rectoral de Amandi, Regina Viarum, Soutelo, Tear, Val da Lenda, Viña Cazoga, Viña Friera.

Cun xurado profesional Vinosacra organiza precata e cata final dos viños expostos na Feira. Entréganse tres primeiros premios para viños tintos da anada de 2023, un premio para viños brancos da anada de 2023, un premio para viños rosados da anada 2023 e un premio para viños envellecidos en barrica.

A xornalista e presentadora de televisión Lucía Rodríguez será a encargada de dar o pregón, o domingo día 24 ás 13:00 horas.

A programación do Mes do Amandi desenvolverase conforme ao seguinte programa:

  • Xoves 29 de febreiro: Ás 19.00 horas no Centro Sociocultural. Xornada: EL CAMBIO DE VARIEDADES EN EL VIÑEDO: LA TÉCNICA DEL SOBREINJERTO a cargo de Vicente Sotés e Esteban Ponce de León. Organiza: GDR Ribeira Sacra Courel.
  • Venres 1 de marzo: Ás 16.30 horas os participantes nas MERENDAS CON CONTOS visitarán viñedos de Viticultores do Amandi.
  • Sábado 2 de marzo: Ás 12.00 horas  na Biblioteca Pública Municipal. Presentación dos resultados da última Prospección arqueolóxica con xeorradar en Proendos a cargo do Arqueólogo, Francisco Alonso Toucido.
  • Xoves 7 de marzo: De 12.30 a 14.30 horas na Escola de Hostalería de Rosende, Xornada de Maridaxe: VIÑO DE AMANDI con PEIXE DE BURELA. Colaboran: Fundación Belarmino Fernández e Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela.
  • Xoves 7 de marzo: Ás 17.30 horas no Centro Sociocultural, VI Cinefórum: EROSKI PARAÍSO. Organiza: Asociación O Colado do Vento
  • Venres 8 de marzo: Ás 19.00 horas no Centro Sociocultural CONCERTO da ORQUESTRA DE JAZZ do CONSERVATORIO PROFESIONAL DE OURENSE.
  • Sábado 9 de marzo: Ás 12.00 no Centro Sociocultural de Sober, PRESENTACIÓN do libro de José Maria Lago Borstein “UN RECORRIDO POR LAS PARROQUIAS DE SOBER”.
  • Martes 12 de marzo: Ás 17.00 no Centro Sociocultural de Sober. Encontro co escritor JOSÉ MARÍA LAGO BORSTEIN. Organiza: Club de Lectura Pintor de Castinandi.
  • Mercores 13 de marzo: Ás 12.00 no Centro Sociocultural de Sober. Taller: ENÓLOGO POR UN DÍA. Organiza: Vinosacra.
  • Sábado 16  de marzo: Paseo Histórico pola Parroquia de Santiorxo. Inscricións: coladodoventomail.com Organiza: Asociación O Colado do Vento
  • Sábado 16 e domingo 17 de marzo: Proba de Xaurías sobre Xabarín Salvaxe. Organiza: Club Español do Griffón Bendeano.
  • Luns 19 de marzo: De 10.00 a 14.00 horas no Centro Sociocultural de Sober “4º CONCURSO DE SUMILLERS”. Organiza: Escola de Hostalería de Rosende.

O Mes do Amandi complétase con outras propostas, así desde o 19 de febreiro ata o 1 de marzo, o concello de Sober participa no programa INECO RURAL TIC para o impulso e desenvolvemento de proxectos de transformación dixital. A actividade está organizada polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

Do 15 ao 17 de marzo na Casa Grande de Rosende realizarase o Taller de Campo LITERATURA Y PAISAJE con JULIO LLAMAZARES; actividade organizada por La Plantación.

Entre o 8 de marzo é o 25 de maio, o departamento de Servizos Sociais do Concello de Sober organiza Redes Lilas, Feminismo dende o Pobo e para o Pobo. Actividades para mulleres de todas as idades.

Do 1 de marzo ao 1 de abril no Centro Sociocultural de Sober estarán expostos os carteis presentados o concurso de carteis da XLIV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI. As Exposicións ANHELOS e INMARCESIBLES visitarán entre outros lugares o Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, o Concello de Sarria, o CIS da Coruña ou o Concello de Coles.

Feira do Viño de Amandi presentación / Concello de Sober

Programa de actos XLIV FEIRA DO VIÑO DE AMANDI

Venres 22 de Marzo

  • Ás 19.00 horas actuación de BATUCADA XdL de Monforte.
  • Ás 19.30 horas inauguración a cargo da ADEGA D’ FRAN de Vilachá de Doade, en lembranza de JOSÉ MARÍA DÍAZ.
  • Ás 20.30 horas actuación da BANDA DE MUSICA FOLK DE RIBAS DE SIL
  • Ás 22.30 Actuación da Charanga FESTICULTORES TROUPE.

Sábado 23 de marzo

  • Ás 11.00 horas: Apertura de stands.
  • Ás 11.15 horas: Actuación de BATURRUKA de Monforte
  • Ás 12.30 horas: Actuación da BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
  • Ás 17.00 horas: Comezo da Precata Oficial.
  • Ás 18.00 horas: ACTUACIÓN de BATUCADA CREATIVA de Monforte.
  • Ás 20.00 horas: Actuación da Charanga LOUBAND de Sarria.
  • Ás 23.00 horas: Actuación de MALENNE na Praza do Concello.

Domingo 24 de marzo

  • Ás 10.45 horas: Actuación da Charanga NBA.
  • Ás 11.00 horas. Pasarrúas coa BANDA DE MÚSICA DE SOBER.
  • Ás 11.30 horas: Comezo da Cata Final Oficial.
  • Ás 11.30 horas: Misa Solemne coa Bendición de Ramos, na Igrexa de Sober.
  • Ás 12.30 horas: Recepción de Autoridades na Casa do Concello.
  • Ás 13.00 horas: PREGÓN a cargo da xornalista LUCÍA RODRIGUEZ, presentadora de XENTE MARABILLOSA da TVG.
  • Ás 13.30 horas: Entrega de Premios.
  • Ás 17.30 horas: Actuación da Charanga NBA
  • Ás 19.30 horas: Baile coa orquestra LOS SATÉLITES.

ÚLTIMAS

O PP pide a reparación da estrada provincial LU-P-5301 no casco urbano de San Clodio

O portavoz, Antonio Ameijide, a viceportavoz, Carmen José López, e o deputado da zona...

Mensaxe do Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo a Pedro Sáchez

Bienquerido compañeiro Presidente: Recibo con enorme sorpresa e preocupación a túa carta aberta sobre...

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...