HomesociedadeMaría Vázquez, con raíces en Carballedo, pregoeira da Festa do Queixo de...

María Vázquez, con raíces en Carballedo, pregoeira da Festa do Queixo de Arzúa

A actriz galega será a encargada de dirixirse ao público abrindo a fin de semana grande da 49ª edición deste senlleiro evento gastronómico.

Publicado o

- Advertisement -

A actriz galega María Vázquez, que estivo a piques de levar o Goya á mellor actriz protagonista o pasado 10 de febreiro polo seu papel en ‘Matria’, dará o discurso de apertura da 49ª edición da Festa do Queixo de Arzúa o sábado 2 de marzo ás 11:45 h no campo da feira de Arzúa.

Aínda que naceu e se criou en Vigo, ten raíces en Carballedo, terra dos seus avós maternos. Despois de vivir en Madrid e Santiago de Compostela, a finais do pasado ano decidiu mudarse a Chantada, vila na que decidiu fixar a súa residencia familiar “na procura doutra vida no rural”, comentaba a El Progreso nunha recente entrevista.

María conta cunha exitosa carreira, tanto cinematográfica como televisiva e teatral. É a segunda vez que está nominada aos premios Goya, tras “Mataharis”, ademais de ter levado outros moitos premios, como o Ojo Crítico de RNE ou o Mestre Mateo por “O Club da calceta”. Coñecemos máis ao detalle a súa andaina no mundo da interpretación.

TRAXECTORIA

A actriz María Vázquez comezou a súa carreira interpretativa en series como ‘Al salir de clase’, ‘Compañeros’ ou ‘Raquel busca su sitio’. Fíxose un oco en producións como ‘Fíos’ ou ‘Padre Casares’ emitidas na TVG e noutras como ‘Ana y los siete’ ou ‘Hospital central’ en canles xeneralistas. O seu salto ao cinema tivo lugar no ano 2000, cando Joan Potau apostou por ela para poñerse na pel dunha recepcionista en ‘San Bernardo’. Traballou ás ordes de cineastas como Icíar Bollaín, Manuel Iborra, Montxo Armendáriz ou Gerardo Diego. Así, participou en películas como ‘Silencio roto’, ‘Deseo’, ‘El año de la garrapata’, ‘A golpes’, ‘Mataharis’, ’18 comidas’ ou as galegas ‘A Mariñeira’, e ‘O club da calceta’. Con esta última recibiu o Premio Mestre Mateo como Mellor Intérprete Feminina protagonista no ano 2009.

A cinta pola que cultivou mellores críticas foi ‘Mataharis’, pola que recibiu o Premio a Mellor Actriz de Reparto do Círculo de Escritores Cinematográficos e o Premio Ojo Crítico de Cinema de RNE. Así mesmo, por esta actuación foi nomeada ao Goya a Mellor Actriz Secundaria no ano 2007.

María Vázquez nunha escena de ‘Matria’. Foto: Lucía C. Pan.

Neste 2024 estivo nomeada aos Premios Feroz e Goya como Mellor Actriz polo seu papel en ‘Matria’, unha historia que desmonta o mito da meritocracia penetrándose na precariedade laboral de moitas traballadoras galegas. Na película dálle vida a Ramona, unha traballadora galega que se agarra a calquera profesión que lle dea para comer. Unha muller, como moitas outras obreiras, que loita diaria por sobrevivir, por dignificar a súa profesión e a súa vida, por dignificar a esas coidadoras e a esas loitadoras do día ao día, que ao final son as que sosteñen a nosa sociedade.

ÚLTIMAS

O Polígono Agroforestal de Sabadelle poñerá en valor case 39 hectáreas de terreo en Chantada

A conselleira, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez,...

Galegoza no IES de Quiroga

A deputada de Cultura, Iria Castro, o concelleiro de Servizos sociais, Participación e Dinamización...

“Patitas y Punteras” da monfortina, Tamara Lebón, a exposición no edificio da Xunta en Lugo

Este 17 de decembro ás 19:00h inaugúrase na Sala de Exposicións da Delegación Territorial...

Localizan en Quiroga a un peregrino desaparecido hai unha semana cando facía o Camiño de Inverno

A Garda Civil localizou a un peregrino, de nacionalidade paraguaia, que se atopaba desaparecido nas inmediacións...