IniciosociedadeO Concello de Bóveda ofrécese a facilitar o rexistro de galiñeiros para...

O Concello de Bóveda ofrécese a facilitar o rexistro de galiñeiros para autoconsumo

Dada a obrigatoriedade de inscribir ese tipo de actividade nun rexistro da Xunta, o concello vén de facer público un bando no que se pon a disposición da veciñanza para axudar cos trámites.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo normativa vixente sobre sanidade animal todas as granxas avícolas, incluídas as de autoconsumo que tanto abondan no noso rural, deben estar inscritas no Rexistro Xeral de explotacións gandeiras. Para cumprir con este trámite os titulares das devanditas explotacións deben comunicar os datos necesarios para a súa inscrición no rexistro que xestiona a Xunta de Galicia.

Esta obrigatoriedade afecta, polo tanto, aos currais avícolas cuxa finalidade sexa o autoconsumo familiar onde se manteñan aves das especies galiñas, pavos, parrulos, pintadas, gansos, paspallás, perdices, faisáns ou pombas.

QUE SE CONSIDERA COMO EXPLOTACIÓN DE AUTOCONSUMO?

Enténdese como explotación de autoconsumo aquela explotación que teña como máximo 0,15 Unidades de Gando Maior (UGM) de capacidade máxima de aves de curral (máximo 30 galiñas poñedoras ou 50 polos de engorde e os seus equivalentes noutras especies), e que en ningún caso, comercialice os animais ou os seus productos (carne, ovos, outras producións…). No caso de que exista comercialización serán consideradas como explotacións avícolas reducidas.

Non poderán ter a consideración de explotación avícola de autoconsumo aquelas onde se críen especies de aves corredoras (ratites).

As instalacións onde se manteñan soamente aves ornamentais non se consideran explotacións de autoconsumo.

COMO SE FAI O REXISTRO?

Para levar a cabo este rexistro será necesario accecer á páxina da Xunta de Galicia e cubrir o modelo MR501A. Despois, esa solicitude terá que presentarse de xeito telemático ou ben presencial na oficina de Extensión Agraria correspondente.

Para facilitar esta xestión á veciñanza, o Concello de Bóveda vén de facer público un Bando onde ofrece colaboración ás persoas que o precisen.

ÚLTIMAS

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...

Bolsas de tea con motivos feministas

O proxecto de igualdade do Concello de Sober ‘Redes Lilas’ celebrou a súa cuarta...

Aly Alma, artista con raíces en Quiroga, presenta “Violet Mood”, un espectacular show acústico en feminino

Alicia Losada, coñecida artisticamente como ‘Aly Alma’ e con orixes en Quiroga por parte...

Novo miradoiro á Ribeira Sacra de Soutochao

O concello lugués de Sober estreou o novo miradoiro de Soutochao, desde o que poden contemplarse...