HomesociedadeMáis de 2000 euros en premios nos concursos da XX Feira Medieval...

Máis de 2000 euros en premios nos concursos da XX Feira Medieval de Monforte

Son o IX Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros, o VIII Concurso de Decoración de Balcóns e o XI Concurso de Traxes Medievais. O prazo para inscribirse no Rexistro Xeral do concello rematará o 26 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras convocar o pasado mes de xaneiro o Concurso de axudas para a confección de traxes medievais e tras abrir o prazo tamén para solicitar a participación na mesma (postos de alimentación, artesanía e comercio), o Equipo de Goberno vén de convocar, como en pasadas edicións, tres concursos co obxectivo de animar ós monfortinos e visitantes a implicarse na Feira Medieval e ser protagonistas activos da mesma. Para estes tres concursos: IX Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros, VIII Concurso de Decoración de Balcóns e XI Concurso de Traxes Medievais, o concello destina máis de 2.000 euros en premios.

“Coa convocatoria destes concursos” salienta o Alcalde, José Tomé Roca, “temos por obxectivo dinamizar e potenciar a participación e desenvolvemento da Feira Medieval de Monforte, que este ano 2024 chega á súa vixésima edición, despois da cal xa poderemos solicitar a declaración de Feira de Interese Turístico Galego, que esperamos ter recoñecida pola Xunta para a 21ª edición de 2025”, destacaba o rexedor monfortino.

VIII Concurso de Decoración de Balcóns

O obxectivo deste concurso é premiar os tres mellores balcóns, así como fachadas, ventás, ou entradas de casas e edificios, que polo seu enxeño e ambientación medieval merezan a consideración do xurado, e así incentivar a participación da veciñanza monfortina na ambientación dos actos organizados con motivo da XX Feira Medieval.

IX Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros

O obxectivo deste concurso é premiar os tres mellores establecementos que polo seu enxeño e ambientación medieval merezan a consideración do xurado incentivando a participación do sector hostaleiro para crear un ambiente que contribúa a vivir dun xeito máis próximo a XX Feira Medieval a veciños/as e visitantes.

XI Concurso de Traxes Medievais

O obxectivo deste concurso é premiar os mellores traxes medievais que luzan os participantes inscritos, e así incentivar tanto nos monfortinos e nas monfortinas, coma nos visitantes, a súa participación activa e contextualizada nos actos organizados con motivo da XX Feira Medieval.

As BASES dos devanditos concursos, así como o formulario de inscrición, pódense atopar na páxina web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...