Homesociedade90 operarios e 28 quitaneves e vehículos despexan de neve e xeo...

90 operarios e 28 quitaneves e vehículos despexan de neve e xeo as estradas provincias

A Deputaciónde Lugo mantén despregado dende as 7.30h deste sábado un dispositivo  composto por 90 operarios,e 28 quitaneves e vehículos para garantir a seguridade e atender as incidencias no temporal de neve e acumulación de xeo producido nas últimas horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dispostivo traballa en máis de 100 estradas que discorren por 22 municipios de toda a provincia que afecta ás comarcas da Montaña, A Chaira, e A Mariña. Nestes momentos, a circulación nestas vías está a ser complicada polas intensas nevadas das últimas horas, que acumulan espesores de ata 25 centímetros nos puntos máis altos da Montaña, como é o caso de Cervantes.

As estradas afectadas discorren polos seguintes concellos: Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, Fonsagrada, Cervantes, O Incio, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil, Samos, Triacastela, Muras, Vilalba, Ourol, Taboada, A Pontenova, O Saviñao, Chantada e Baralla.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 90 operarios, 28 máquinas quitaneves, 3 tractores especiais con saleiro e cuña quitaneves, 8 pickup con saleiro e cuña quitaneves, e 12 vehículos todoterreo de apoio dotados do material necesario para atender calquera incidencia e facilitar o paso de maquinaria pesada. Os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios das vías.

A relación de estradas afectadas na zona sur son as seguintes:

  • Folgoso do Courel: LU-P- 1301, de Seoane do Courel a Pedrafita; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín;LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a HerreríadoIncio; LU-P-4501, de Poio, por Louzarelae Teixeira á estrada de Samos a Caurel eo acceso a Meiraos; LU-P_4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, “de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Caurel e Rampa a Santa Mariña. Todas con cadeas. O espesor de neve acumula de entre 10 a 20 centímetros.
  • O Incio:LU-P-2505, deFoilebar, por Lamarredonda a Aira Padrón;LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio;LU-P-2501, de San Amaro por Rubián de Cima a Cervela;LU-P-2502, de Polvoreiro a Ferradal;LU-P-2503, do Incio a Foleibar ata aLU-P5603:LU-P-2504, de Cortellas a Cabanas;LU-P-2505,  de Foilebar a Lamarredonda por Aira a Padrón; LU-P-4706, de Pacios de Veiga por Canedo a Santa Cruz do Incio;LU-P-5711, da LU-642 por San Martiño de Loureiro ao Val do Mao e Souto; eLU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo. O espesor de neve acumula de entre 5 a 10 centímetros.
  • Quiroga:LU-P-500, de Ponte Barreiro a Vilarbacú;LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por Seara eFerramulínao límite provincial; LU-P-5002, de Quiroga por Parteme a Vilar de Lor; LU-P-5005, de Alto de Aldriz a Vilar de Lor.
  • Ribas de Sil: LU-P-5301, de San Clodioao alto da Cruz.
  • Samos:LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte de Louzar a Praducelo; LU-P- 5601, de Samos a Caurel eRampade Santa Mariña;LU-P-1306, de Megoxe a Herrería do Incio; LU-P-5605, de Parada, por Santalla a Ponte Louzara; LU-P-1306, de Megoxe por Seceda a Ferreira do Incio;LU-P-2503, do Incio por Foilebar a LU-P-5603;LU-P-2507, de Saa por Cereixido a Freixo;LU-P-5602, de Samos por Pintín a Sarria; LU-P-5604, de Santalla a Ponte Louzara. Todas con cadeas.
  • Triacastela: LU-P-3702,dasNogais, por Nullán a Lamas; LU-P- 6201, de Triacastela, por Alto da Albela a Guilfrei;LU-P-0706, de Guilfrei por Meizarán a Lamas; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Fillovial.
  • Taboada: LU-P-6001, de Taboada por Ada a Mundín; e LU-P-6002, de Ramil a Rodeiro.
  • O Saviñao (Escairón) e Chantada en varios puntos nas vías provincias ao seu paso por estes municipios

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...