HomesociedadeEste xoves levántaselle o precinto ó local nº18 da rúa Duquesa de...

Este xoves levántaselle o precinto ó local nº18 da rúa Duquesa de Alba en Monforte

A Xunta de Goberno local aprobaba en xaneiro pechar cautelarmente este establecemento, porque durante os anos 2022 e 2023 tramitáronselle diversas denuncias por incumprimentos dos horarios de peche establecidos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este xoves, 14 de marzo, o concello de Monforte levantará o precinto do local de hostalería situado na rúa Duquesa de Alba, concretamente os locais 1 e 2 do número 18, tras cumprir 2 meses de peche por acumulación de denuncias durante os anos 2022 e 2023, por incumprimentos nos horarios de peche establecidos pola lei. A sanción imposta tamén conlevou unha multa por importe de 301 euros.

A Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, sinala que  denuncias deste tipo supoñen unha infracción grave, e que esta conleva adoptar a medida provisional, previa o inicio de expediente sancionador, de peche cautelar e precinto do devandito local, o cal se fixo efectivo en xaneiro.

Tras esta resolución, o Concello seguirá vixiante para que se cumpra esta normativa que regula o funcionamento deste tipo de locais de ocio nocturno, marcada pola Lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...