HomesociedadeO básico que debes coñecer da Feira Medieval desta fin de semana...

O básico que debes coñecer da Feira Medieval desta fin de semana en Monforte

Será os días 30 e 31, contará coa colocación de 135 postos de alimentación, artesanía e comercio, ademais de numerosas actividades de animación en diferentes espazos do casco histórico da cidade. Coñece ao detalle o programa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A 20ª Feira Medieval terá lugar esta fin de semana, o 30 e 31 de marzo, contará coa colocación de 135 postos de alimentación, artesanía e comercio, unha cifra récord que supón todo un éxito de implicación e de interese por estar presentes neste magno escaparate; e tamén se poderá gozar dun completo programa de actividades continuas en diferentes espazos do casco histórico.

O rexedor monfortino destaca a participación deste ano no Concurso de Traxes Medievais, que se fallará na tarde do domingo 31, coa inscrición en adultos, de 12 parellas e 7 persoas en modalidade individual, e en infantil, con 1 grupo, 3 parellas e 3 en individual.

Ás 12 horas da mañá do sábado 30 de marzo un grupo de bufóns desenvolverá na Praza de España un espectáculo no que informarán do que acontecerá a fin de semana na cidade de Monforte, e daranlle paso ó Saúda do Alcalde, a través do cal declarará inaugurada a Feira Medieval.

O programa completo ao detalle pode consultarse na páxina web do concello.

FESTA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA

O Alcalde anima a participar indicando que “hai motivos de abondo para visitar Monforte” e resalta que “por fin, neste ano 2024 alcanzamos a edición número 20, e despois desta 20 edición, solicitaremos a declaración de Feira de Interese Turístico Galego, que esperamos ter recoñecida pola Xunta para a 21ª edición de 2025”.

ÚLTIMAS

Interrompida a circulación ferroviaria entre Sanclodio-Quiroga e Monforte

Adif vén de comunicar na súa páxina web e nas redes sociais unha interrupción...

FEARS celebra o 12 de decembro en Pantón un foro sobre o futuro da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

No encontro reflexionarase colectivamente sobre a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial e...

A Deputación licita melloras en estradas de Sarria, Láncara e O Saviñao

A Deputación licita un investimento de superior ós 915.000 euros para o arranxo e...

II Encontro de correlacións empresariais no Polo de Emprendemento de Monforte

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou esta...