HomesociedadeMonforte celebrou o Venres Santo coa procesión da Virxe Dolorosa e do...

Monforte celebrou o Venres Santo coa procesión da Virxe Dolorosa e do Ecce Homo

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca,  participou este venres pola tarde nos actos litúrxicos do Venres Santo, que se celebraron dende as 6 e media da tarde na igrexa de Nosa Señora da Antiga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto participaron tamén a 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Servizos, José Luis Losada, de Deportes, José Manuel Mougán, e de Muller e Igualdade, Margarita López. Tamén acudiron outros membros da corporación municipal, autoridades, e moitos monfortinos e monfortinas que ateigaron a igrexa dos Escolapios.

Tras a celebración eucarística da celebración da Paixón e morte de Jesús, e debido a que a climatoloxía non foi adversa, tivo lugar a procesión da Virxe Dolorosa e do Ecce Homo polas rúas do centro de Monforte. En concreto, levouse a cabo un percorrido circular no que a procesión transitou polo paseo da Compañía, parte da rúa Roberto Baamonde e da avenida de Galicia, para voltar cara os Escolapios pola rúa Cardenal.

O Equipo de Goberno colaborou nestes actos litúrxicos co Grupo de Gaitas municipal, que actuou durante o desenvolvemento da procesión, coa Coral Polifónica do Concello, que actuou na eucaristía, e coa Policía Local, que levou a cabo a reordenación e regulación do tráfico para que a procesión se desenvolvera con total normalidade.

ÚLTIMAS

O folión de carros a ollos da infancia de Chantada

O próximo 24 de agosto celebrarase en Chantada o Folión de Carros, como é...

Torneo-Festa deportiva fin de tempada do C.V. Ribeira Sacra

Celebrouse unha xornada de confraternidade da familia do C.V. Ribeira Sacra, na que se...

O BNG e a ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra demandan solucións á estrada LU-651

O BNG asegura que nestes días volveu caer parte desta estrada, e como solución...

Prazo aberto para solicitar as axudas para a creación de novas casas do maior

Como novidade, esta nova convocatoria inclúe unha axuda complementaria de 150 euros semanais durante...