HomesociedadeDo 3 ao 15 de abril córtase o tráfico no paso a...

Do 3 ao 15 de abril córtase o tráfico no paso a nivel da rúa Reboredo de Monforte por obras de ADIF

Segundo comunicaron os responsables de ADIF ó Concello, o corte producirase dende as 8 horas deste mércores 3 de abril e ata as 8 horas do luns 15 de abril de 2024.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O corte do tráfico do paso a nivel situado na rúa Reboredo, no punto quilométrico 2+445 da vía férrea, faise por obras de mellora que o ADIF está a levar a cabo na vía férrea Monforte de Lemos-Ourense. Estes traballos enmárcanse no proxecto de renovación de vía na liña 810 Monforte de Lemos-Ourense, tras finalizar hai uns días as obras que obrigaron a pechar o paso a nivel da rúa Escultor Francisco Moure

O itinerario alternativo marcarase a través de sinaléctica oficial a cargo da Policía Local e será o seguinte:

Para o corte deste paso, o tráfico de entrada a Monforte desviarase pola N-120 de forma que se sinalizará no punto de enlace desta con dita rúa para dirixilo cara a seguinte saída por Rúa Benito Vicetto, colocándose sinais informativas a ambos lados.

Para o tráfico de saída de vehículos que procedan de Monforte centro e que pretendan acceder dirección N-120 ou Polígono Industrial do Reboredo, establecerase como ruta alternativa a vía asfaltada que enlaza as estradas LU-P-3201 (Monforte-Sober) a altura de Piñeira coa LU-P-3205 á altura do enlace para a parroquia de Guntín.

Sinalizarase tamén en rúa Compañía para que os usuarios que así o desexen accedan por rúa Francisco Moure e Benito Vicetto a N-120, e desde esta ó Polígono industrial do Reboredo e restantes vías da zona.

ÚLTIMAS

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...