IniciosociedadeMonforte retomou a celebración do Martes de Pascua en San Vicente

Monforte retomou a celebración do Martes de Pascua en San Vicente

Tras a celebración eucarística, tivo lugar a procesión coa imaxe da Virxe polo atrio da igrexa de San Vicente do Pino, dado que as condicións climatolóxicas non permitiron baixar ata o Campo da Virxe, tal e como marca a tradición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A eucaristía do Martes de Pascua, festivo local en Monforte, volveuse a celebrar na igrexa de San Vicente, despois das obras de restauración que se levaron a cabo e que obrigaron a que esta celebración se desenvolvera provisionalmente na igrexa da Régoa.

A comitiva institucional, encabezada polo Alcalde, José Tomé Roca, así como diversos membros da Corporación municipal, representantes institucionais, e dos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado, partía da Casa do Concello para asistir, ás 11 horas, á misa na honra da Virxe de Montserrat

A eucaristía foi presidida polo Vicario de Pastoral do Obispado  de Lugo, D. Luis Manuel Rodríguez Pérez, e polo párroco monfortino D. Rafael Mellae. Contouse como é tradición coa presenza das Camareiras da Virxe.

Despois da procesión, diante do pórtico principal da igrexa, o Alcalde de Monforte renovou os votos coa Patroa da cidade, comprometéndose a manter tanto a celebración do Martes de Pascua como a do día 15 de agosto na honra da Virxe de Montserrat, e procedeuse á bendición dos campos.

“Dende que eu son Alcalde, comprometinme a manter esta importante tradición dos monfortinos e monfortinas na honra á nosa Patroa, a Virxe de Montserrat, e deste xeito, hoxe Martes de Pascua, mantivemos esta centenaria tradición na que renovei os meus votos e comprometinme a seguir celebrando tanto este día como o 15 de agosto, no que honramos a nosa patroa”, manifestou o rexedor monfortino.

Nos actos do Martes de Pascua, o Alcalde estivo acompañado pola 1ª Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e os Concelleiros de Cultura, Marina Doutón, Servizos, José Luis Losada, de Deportes, José Manuel Mougán, de Consumo, Regina López, e de Muller e Igualdade, Margarita López, así como diversos membros da Corporación municipal, o Inspector Xefe da Policía Local de Monforte, Miguel Martínez, e o oficial Néstor Álvarez e o Inspector Xefe do corpo de Policía de Monforte, Pablo Fernández.

Tamén asistiron diversas autoridades do eido provincial como a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, a Secretaria Territorial da Delegación da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, o Alcalde de Sober, Luis Fernández, ou o exdeputado, Julio Padilla, entre outros.

ÚLTIMAS

Monforte estrea novo furgón de atestados para a Policía Local

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo furgón de atestados para...

Redes Lilas visibiliza en Sober ás mulleres asasinadas en España no último ano

Esta semana tivo lugar a terceira actividade da programación feminista de 'Redes Lilas', proxecto...

Concerto do violonchelista Carlos Vidal, o 14 de abril en Sober

O músico, Carlos Vidal, ofrece o domingo, día 14, un concerto de violenchelo en...

María Vázquez será ‘pregoeira na súa terra’, na XXI Festa da Carne ao Caldeiro

O domingo 14 de abril terá lugar unha nova edición da Festa da Carne...