HomesociedadeAbril e os libros na Bilioteca Municipal de Sober

Abril e os libros na Bilioteca Municipal de Sober

Neste mes de abril conmemorouse o día 2, o Día do Libro Infantil e Xuvenil e o Día do Libro será o 23 de abril.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a Biblioteca Municipal de Sober desenvólvense durante este mes unha serie de propostas para público infantil e adulto que participa do Club de Lectura Pintor de Castinande e das Merendas con Contos.

A actividade principal será “AS BIOGRAFÍAS DA BIBLIOTECA: @EL HEMATOCRÍTICO”. Escríbese unha biografía de Miguel López (A Coruña, 1976 – Vigo, 2023), mestre de profesión, aínda que destacou polo seu labor como autor de libros infantís. Os nenos e as nenas de Merendas con Contos farán a presentación deste traballo, o día 19 de abril.

O Día do Libro (23 de abril) o Club de Lectura realiza unha visita a Celanova para coñecer a Fundación Curros Enríquez. O día 24, todas as persoas que visiten o Centro Sociocultural de Sober, poderán levar como agasallo un libro. Rematarase o día 26 co tradicional Mercadiño de Libros, xestionado polos nenos e nenas das Merendas con Contos.

Ademais, na Biblioteca estarán expostas durante o mes de abril as Mostras Bibliográficas de H. C. Andersen e de El Hematocrítico.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...