HomesociedadeO 21 de abril Quiroga celebra a Mostra do Aceite coa participación...

O 21 de abril Quiroga celebra a Mostra do Aceite coa participación dun olivocultor de Ribas de Sil

A festa de recoñecemento dun produtos emblema de Quiroga, o aceite, celebrarase o domingo 21 de abril no lugar das Farrapas, en Bendilló.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sete son os olivicultores que participarán na Mostra do Aceite de Quiroga, Festa de Interese Turístico de Galicia, que este ano chega a súa XXIV edición. Para poder participar nesta mostra eran requisitos imprescindibles contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite. Requisitos que os sete participantes – Ouro de Quiroga, Jesús Bao Mondelo, Aceiroga, Jesús Arias Rodríguez, Pedro Soto Losada, Val de Quiroga e Cento x Cento- cumpriron. Este ano, como novidade, a Mostra de Aceite contará cun olivicultor de Ribas de Sil, será a marca CentoxCento, de Figueiredo.

Esta fin de semana reuníanse os colleiteiros participantes co alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, e o equipo organizador para pormenorizar o programa da mostra no que a recreación da elaboración tradicional no muíño e a venda do aceite de oliva de Quiroga serán os puntos centrais desta xuntanza. Como novidade trabállase na organización de degustacións comentadas dos aceites participantes.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...