HomesociedadeO IES Río Cabe conclúe a fase local de Oratoria Improvisada

O IES Río Cabe conclúe a fase local de Oratoria Improvisada

Os/as seleccionados/as nesta fase local participarán na final que se celebrará o día 16 de abril en Sarria, xunto con alumnos/as do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e o IES Martaguisela do Barco de Valdeorras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES Río Cabe de Monforte de Lemos rematou este luns a fase local do II Concurso Intercentros de Oratoria Improvisada coa entrega de premios e diplomas aos finalistas.

Os/as gañadores/as nas diferentes categorías son os seguintes:

Categoría 1.º e 2.º de ESO:

  • Irene González Díaz
  • África Guitián García
  • Emeli Vizcaíno Ortega

Categoría 3.º e 4.º de ESO:

  • Paula Bouso González
  • Ángel Luis Mora
  •  Diego Expósito Díaz

Categoría 1.º e 2.º de BAC

  • Bieito Varela Rodríguez
  • Demetrio González Álvarez
  • Sabela López Mariño

O concurso, que consiste en seleccionar ao alumnado que mellor fale -en galego- durante un minuto, sobre unha palabra escollida ao chou, ten unha longa tradición e moi boa acollida no IES Río Cabe. Coa creación, o curso pasado, dunha fase final entre tres centros, o concurso continúa a súa andaina aumentando cada ano o número de alumnos/as participantes e o seu interese.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...