HomesociedadeTaboada convértese en concello cardioprotexido

Taboada convértese en concello cardioprotexido

Coincidindo co día internacional da saúde, que se celebrou o pasado día 7, instalouse no exterior do Concello un desfibrilador DESA para ser usado en caso de parada cardíaca. O vindeiro 15 de Abril (16:30-20:30) será impartido un curso básico de primeiros auxilios e uso do DESA por parte de persoal do 061.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O desfibrilador DESA instalado no exterior da casa consistorial está dotado de sistema de alarma e localización, accesible as 24 horas do día dos 365 días do ano. Para evitar actos vandálicos, ao abrir a vitrina protectora, activarase unha sirena.

“Taboada convértese, coincidindo co día internacional da saúde nun concello cardioprotexido, conforme ós máis esixentes estándares europeos”, sinalan desde a concellaría de Sanidade de Taboada.

De acordo ó Plan de Saúde Local trazado na Área de Sanidade do Concello, instalouse tamén un desfibrilador semiautomático, DESA (para uso en caso de parada cardíaca) no Pavillón de Deportes, tentando facer máis segura a práctica deportiva neste recinto.

Ao respecto destes novos servizos, o día 15 impártese un curso de primeiros auxilios e uso do DESA. A cita no auditorio do Cuartel Vello en horario de 16:30 a 20:30, sendo necesaria inscrición previa no concello ou a través deste enlace.

“Un paro cardíaco pode ocorrer en calquera momento e en calquera lugar, e poder acceder a un desfibrilador axiña pode significar a diferenza entre a vida e a morte, polo que vos animamos a participar”, sinala José Portela.

Desfibrilador Taboada / Concello de Taboada

ÚLTIMAS

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...

Matrícula aberta para 73 prazas que quedaron libres nas Escolas Deportivas Municipais de Monforte

A oferta deportiva para este curso divídese en actividades para nenos e nenas (entre...

Nacen as “Papeiras”, galletas elaboradas no obrador das ‘Xianas’ de Taboada

Dos creadores das Galletas Xianas de Taboada, xorden agora as galletas “Papeiras”. Unha aposta...

Monforte destina 30.000€ para axudas ao emprendemento e á creación de empresas

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios...