HomesociedadeO Xeoparque Montañas do Courel necesita un novo logo e convoca un...

O Xeoparque Montañas do Courel necesita un novo logo e convoca un concurso

O logotipo está destinado a ser a imaxe representativa da asociación, debendo incluir o nome Xeoparque Montañas do Courel e destacar na imaxe gráfica os pregamentos deitados como elemento identificador. O gañador ou gañadora do concurso levará como premio a cantidade de 1.000 €.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Xeoparque Montañas do Courel vén de convocar un concurso “para escoller o seu novo logo, adaptado aos novos cambios normativos no formato e contido dos logotipos dos xeoparques mundiais da UNESCO”.

O gañador do concurso levará a cantidade de 1.000 € (impostos incluídos) coas oportunas retencións fiscais que correspondan e un lote de produtos dos Sabores das Rocas do Xeoparque Montañas de Courel.

No concurso poden participar todas as persoas que o desexen e con tantos traballos como queiran sempre que os deseños sexan orixinais e inéditos. A técnica empregada será libre, sempre que sexa posible a reprodución do logotipo por cuatricomía, valorando positivamente que o logo inclúa cores que sexan facilmente trasladables a escala de grises para a súa posterior realización tanto en color como en branco e negro.

O logotipo está destinado a ser a imaxe representativa do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, empregándose en todas as canles e soportes de información e comunicación do Xeoparque, así como nas accións de promoción e difusión que se leven a cabo. Tendo en conta o anterior, a imaxe gráfica a concurso terá versión en galego, en español e en inglés.

Logo actual

Tendo en conta que a nova imaxe gráfica distintiva terá que reflectir a identidade do Xeoparque, requírese que se inclúan as palabras Geoparque e Montañas do Courel e que teña unha referencia gráfica á representación dos pregamentos deitados característicos do Courel, un lugar de interese xeolóxico de relevancia internacional.

As bases ao detalle pódense consultar a través das redes sociais do Xeoparque Montañas do Courel e os traballos deberán de entregarse antes do 29 de abril a través do correo info@ribeirasacracourel.es

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...