HomesociedadeA Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

Este domingo as máis de 1000 persoas asistentens, ademais de degustar o prato tradicional, puideron coñecer o patrimonio cunha ruta polas igrexas románicas e gozar dunha tarde animada con música, actividades infantís da man do músico e actor Paco Cerdeira (Pakolas) e talleres de cestería e barro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se cociñaron máis de 1.500 quilos de carne de tenreira coas receitas tradicionais da zona: a carne cocida con pemento e aceite e a carne richada, fritida con cebola.

A Festa tivo como pregoeira á actriz, María Vázquez, con raíces familiares no concello. Acompañouna durante o pregón a deputada, Iria Castro. “A Festa da Carne ao Caldeiro é xa un referente na axenda da nosa provincia, tendo como premisa a gastronomía busca poñer en valor o patrimonio, a cultura e as tradicións. Vinte anos de historia da man da veciñanza demostran que Carballedo e a carne ao caldeiro seguirán moitos anos ligados”, sinalou a deputada.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...