Homesociedade70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

A Deputación de Lugo iniciará este venres as obras de renovación das obras de drenaxe transversal da estrada provincial LU-P-5702, en Sarria, á altura do quilómetro 1,610. Uns traballos, que ascenden a 70.000€, e que se realizan pola vía de emerxencia unha vez que o equipo técnico provincial detectou que a vía se atopaba danada neste punto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián, nesta estrada que conecta esta zona sarriá con Pedrafita do Cebreiro por Sabadelle. Os traballos neste treito consistirán no desvío do leito do río, retirada das varandas, corte de pavimento, demolición e retirada da lousa de formigón e tamén dos muros de mampostería, escavacións precisas, execución da cimentación mediante a lousa de formigón armado, colocación de marcos prefabricados, afirmado e pavimentación, execución das aletas con muros, reposición de sinalización horizontal e implantación de sistemas de contención.

A maquinaria traballará en todo momento desde a estrada, non se cortará ningunha árbore nin se verá afectada a vexetación ás beiras da auga, e empregaranse materiais que presentan unha boa integración paisaxística como a pedra para a execución das aletas.

A vía manterase cortada neste punto dende este venres durante un mes para o correcto desenvolvemento das obras e para salvagardar a seguridade das condutores e peóns. A institución provincial instalará sinalización informativa e habilitará desvíos, co obxectivo de que o corte afecte o mínimo posible aos usuarios e usuarias da estrada.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...