HomesociedadeConta atrás para a 'Feira Degustación da Tenreira Galega' de Láncara

Conta atrás para a ‘Feira Degustación da Tenreira Galega’ de Láncara

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, presentaron este venres 19 de abril no Pazo de San Marcos a vixésimo quinta edición da Feira Degustación da Tenreira Galega. Este evento gastronómico celebrarase na Pobra de San Xiao os días 30 de abril e 1 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Tomé amosou a súa satisfacción por contribuír dende a Deputación de Lugo a difundir as vodas de prata desta romaría popular “que fusiona cultura e gastronomía”. Unha festa declarada de Interese Turístico Galego e que “ano tras ano supera as expectativas incorporando novidades ao programa de actividades, o que enriquece as dúas xornadas que teñen lugar en torno ó Primeiro de Maio”.

Segundo o mandatario provincial estas iniciativas “poñen en valor o traballo dos gandeiros e gandeiras, os seus produtos de alta calidade e, desta forma, favorecen a súa comercialización e consumo”; e tamén axudan, dixo, a “promocionar a nivel turístico Láncara” así como a dinamizar a hostalería e o comercio porque “onde se move xente, sempre hai consumo nestes negocios”.

Unha das grandes novidades para conmemorar estes 25 anos de feira son os Cantos de Taberna e a foliada popular con degustación gratuíta de Tenreira Galega Suprema, que terá lugar o 30 de abril, na Praza dos Labradores da Pobra de San Xiao, e na que se repartirán 200 quilos de carne entre os asistentes.

PROGRAMACIÓN

A XXV Feira Degustación da Tenreira Galega de Láncara inclúe un amplo programa de actividades para todos os públicos. Os actos comezarán o vindeiro 30 de abril coa celebración da XV Festa dos Avós, que terá lugar no Campo da Feira.  Ese mesmo día destacaN tamén os Cantos de Taberna, a foliada, e degustación gratuíta de Tenreira Galega Suprema na Praza dos Labradores.

O primeiro de Maio, o recinto feiral ofrecerá actuacións musicais, artesanía, agricultura e o tradicional concurso de gando vacún. Haberá tamén poxa de xovencas e o sorteo dunha becerra entre os empadroados no concello e os asistentes á comida da carpa.

30 DE ABRIL. XV FESTA DOS AVÓS

12.30 h. Recepción por parte da Corporación municipal na carpa instalada no Campo da Feira da Pobra de San Xiao.

13:00 h. Actuación musical.

13:15 h. Intervención autoridades.

13.45 h. Comida na carpa instalada no Campo da Feira da Pobra de San Xiao.

16:30 h. Actuación musical.

18.00 h. Exhibicións Escolas Deportivas Municipais no Pavillón Polideportivo.

20.30 h. Cantos de Taberna polos bares da Pobra de San Xiao.

22.30 h. Foliada popular e degustación gratuita de Tenreira Galega Suprema na Praza dos Labradores.

1 DE MAIO

10:00 h. Apertura da XXV Feira da Tenreira Galega.

12:00 h. Recepción das autoridades no Campo da Feira.

12:15 h. Apertura stands, degustación gratuita de queixos, artesáns, sidra ecolóxica do país.

12:30 h. Subasta de varias xovencas.

12:45 h. Percorrido polo recinto feiral e visita ás instalacións do gando.

13:00 h. Pregón a cargo de Rosa Sierra.

13:30 h. Sesión vermú a cargo de Punto Clave.

14.00 h. Xantar (con carne de Terneira Galega Suprema).

17:00 h. Exhibición ecuestre.

17.45 h. Entrega de premios do concurso de gando vacún e sorteo dunha becerra.

18:30 h. Actuación a cargo de Punto Clave.

ÚLTIMAS

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...