HomesociedadeA historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do...

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, recibiu de mans da historiadora monfortina Manuela Sáez unha réplica do busto do VII Conde de Lemos, cuxo orixinal foi inaugurado o 25 de marzo de 2023 en Nápoles, acto ó que acudiron á propia Tenente de Alcalde e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi realizada polo mesmo escultor que fixo a escultura orixinal, Riccardo Ruggiano. A peza doada ó Concello está feita en terracota. O busto do VII Conde de Lemos foi promovido en Nápoles pola Fundación Real Monte Manso di Scala, para conmemorar cuarto centenario da morte do VII Conde de Lemos, D. Pedro Fernández de Castro e Andrade, e en agradecemento, tanto ó Conde como a Giovan Battista Manso, por fundar a prestixiosa Academia Napolitana dos Ociosos, que foi a máis importante Academia cultural do Reino de Nápoles durante o S.XVII.

Gloria Prada agradeceu á historiadora monfortina esta doazón, “porque representa a un dos personaxes de maior relevancia histórica da nosa cidade, un dos principais nobres da súa época que deixou un legado de incalculable valor, non so en Monforte, senón tamén en Galicia e España”.

Manuela Sáez agradece ó Concello de Monforte “o interese que ten na difusión do legado cultural de deixou o VII Conde de Lemos”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...