HomesociedadeConvenio con Abanca que permitirá expor en Monforte a historia en fotografías...

Convenio con Abanca que permitirá expor en Monforte a historia en fotografías da emigración galega

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio de colaboración con Abanca e A Fundación Galicia Obra Social para acoller a exposición “Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no s. XX”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición “Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no s. XX” recolle a historia da emigración galega en imaxes, feitas por fotoxornalistas da Axencia EFE ao longo do século XX, dende a década de 1910.

Na sinatura deste convenio de colaboración, ademais do Alcalde, participaron o Coordinador de Negocio Institucional en Lugo de Abanca, Óscar Rodríguez, a Coordinadora Institucional para Lugo e Ourense da Fundación Galicia Obra Social, Beatriz Fernández-Anguiano, así como a Coordinadora del Espazo +60 Afundación de Monforte de Lemos, Carlota Álvarez. Ademais, tamén estiveron presentes o Secretario do Concello, José Antonio Mourelle, e o Concelleiro de Servizos, José Luis Losada.

Sinatura do convenio. Foto: Prensa Concello de Monforte.

O Espazo +60 que Afundación ten na rúa Cardeal, nº 18, de Monforte, é o lugar que acolle dende o 29 de abril e ata o 20 de maio esta exposición sobre a emigración galega; mostra que integran unhas 40 fotografías e que se pode visitar en horario de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas.

Esta exposición, que dende agora xa forma parte do calendario cultural do Concello de Monforte, está integrada no marco dos programas Corrente Cultural de Afundación, consistente na realización de actividades socioculturais en localidades de toda Galicia, e o programa Fálame de emigración”, que promove unha serie de encontros interxeneracionais nos que participan persoas asociadas aos Espazos +60 Afundación.

Neses encontros interxeracionais os/as participantes comparten as súas experiencias e intercambian opinións en relación a estancias fóra dos seus lugares de orixe, vencelladas ao contexto socioeconómico de Galicia a mediados do século XX.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...