HomesociedadeCadea humana contra a violencia de xénero en Monforte

Cadea humana contra a violencia de xénero en Monforte

O acto principal do concello para conmemorar o 25 N consistirá en rodear de forma simbólica o río Cabe o vindeiro venres 23, pero haberá máis actividades de sensibilización social.

Publicado o

- Advertisement -

Monforte sumouse á campaña colectiva Violencia en Negro na que participan estes días máis dun cento de concellos galegos e tres das catro deputacións. A concelleira, Marina Doutón, destaca que esta adhesión reafirma o compromiso político e técnico do concello para espallar esta acción e para mobilizar á poboación, aos axentes económicos e sociais para que colaboren tinguindo simbolicamente a cidade de negro.

Do 19 ao 25 deste mes a Torre da Homenaxe lucirá unha bandeirola, haberá pancartas na Casa do Concello e na Rúa Cardeal ao tempo que se repartirán carteis para os locais comerciais e de hostalería.

O acto principal para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero celébrase este venres 23 de novembro, no Parque dos Condes. Alí a concelleira de Cultura será a encargada de ler o manifesto ás 12:00 h. e a continuación terá lugar a cadea humana que rodeará o río Cabe. Alumnos de 6º de Primaria e de 4º da ESO dos centros educativos de Monforte formarán unha cadea rodeando o río da cidade dende a Ponte Nova ata a Ponte Vella. Marina Doutón destaca que “con este acto simbólico queremos tinguir de negro un dos espazos máis emblemáticos da nosa cidade, o río. Pero tamén queremos facer un chamamento a todas/os os veciñas/os que queiran mobilizarse contra a violencia machista para que ese día se sumen a formar parte da cadea humana. Cantos máis sexamos mellor”.

Dentro das accións e actividades complementarias desta semana indicar que na Casa do Concello haberá un libro no que aqueles que o desexen podan asinar para expresar o rexeitamento e condena á violencia de xénero. E o xoves 29 proxectarase a curtametraxe “Miña” na Casa da Cultura Lois Pereiro das 16:00 a 18:00 h.

E xa o 30 de novembro, o Centro Cívico Social será escenario da Mesa de Coordinación para a mellora da atención ás mulleres vítimas da violencia de xénero. Será de 11:30 a 14:30 h.

As actividades están coordinadas polo concello a través do Centro de Información á Muller (CIM)

ÚLTIMAS

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...

Os museos de Quiroga amplían o seu horario na tempada de verán

De luns a venres os dous museos abrirán de luns a venres, en horario...

Rosa Rodríguez recibe a Medalla Castelao arroupada por unha delegación de Sober

A doutora, Rosa Rodríguez, despois de 35 anos exercendo no centro de saúde de...

“Reboiras: Acción e corazón”, este 1 de xullo en Multicines Hollywood

"Reboiras: Acción e corazón" aborda a traxectoria vital e política de Moncho Reboiras, militante...