HomesociedadeO Correlingua chega a Monforte

O Correlingua chega a Monforte

Será este 24 de maio e faino co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación Efrén Castro, a deputada de Normalización da Lingüística Iria Castro, e a concelleira de Cultura de Lugo, Maite Ferreiro presentaron días atrás esta actividade festiva que este ano celébrase baixo o lema “Dende aquí ata acolá. Galego xa!”.

As xornadas, que este ano acadan a súa vixésimo cuarta edición, estanse desenvolvendo en diferentes localidades de Lugo dende principios de maio e contan con concertos, festas, regueifas, obradoiros, concursos…

Este tipo de actividades, como é o Correlingua, comentaban na presentación “chaman á rapazada a reivindicar o uso do galego, e fano de maneira festiva, sen prexuízos e desfrutando de todo o que ten que ofrecer o galego e a cultura”.

MONFORTE

O Correlingua chega a Monforte de Lemos este 24 de maio, sendo a festa no Parque dos condes, lugar onde actuará a Mekánika Rolling Band.

Os obxectivos das actividades desenvolvidas desde a asociación son a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as accións a prol dela, sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua, asociar o uso do idioma a actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades e contribuír a manter vivo o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...