HomesociedadeMartín Alemparte, anterior xerente do GDR Ribeira Sacra-Courel, toma posesión como director...

Martín Alemparte, anterior xerente do GDR Ribeira Sacra-Courel, toma posesión como director da AGACAL

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presidiu este mércores a toma de posesión de Martín Alemparte como novo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O acto desenvolveuse no complexo administrativo de San Caetano. Durante a celebración a conselleira destacou a traxectoria profesional de Alemparte, vinculada ao desenvolvemento do rural galego e á súa posta en valor.

Nado en Lugo no 1976, é licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, na especialidade de Economía Pública e Política Económica. Entre os anos 2000 e 2001 traballou como auditor e asesor de mercado en diferentes empresas privadas.

Dende o ano 2002 ata a actualidade é responsable da xestión do programa Leader en diferentes Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia da provincia de Lugo. Ademais, traballou como impulsor e coordinador dos traballos para a elaboración da candidatura a Xeoparque para as Montañas do Courel, converténdose no ano 2019 en director do primeiro Xeoparque Mundial da UNESCO en Galicia.

Durante estes anos tamén coordinou numerosas publicacións en diferentes ámbitos do desenvolvemento rural e exerceu como profesor e colaborador coas universidades de Santiago de Compostela e Vigo en cursos de posgrao relacionados co emprendemento, o turismo e os recursos naturais.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presidiu o acto de toma de posesión de Martín Alemparte Vidal como novo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...