HomesociedadeSarria acollerá en maio do 2025 a VIII edición de Expocidades

Sarria acollerá en maio do 2025 a VIII edición de Expocidades

O Concello de Monforte vén de acoller a xuntanza do Grupo temático de Turismo do Eixo Atlántico. No encontro decidíase a sede da VIII edición de Expocidades, a feira de turismo de proximidade do Eixo Atlántico.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tras a presentación das candidaturas, decidiuse que Sarria, principal punto de partida do Camiño de Santiago Francés, acollerá a VIII edición de Expocidades en maio de 2025.

Durante a xornada, desenvolvéronse os novos conceptos de turismo: de autor e policéntrico. Esta iniciativa ten como obxectivo prever os impactos negativos sobre o medio ambiente e o patrimonio provocados por unha inadecuada xestión turística. E tamén se presentou a plataforma dixital da guía turística do Eixo Atlántico. Nela, o usuario poderá acceder a información de interese dos 39 municipios e dúas deputacións do Eixo Atlántico: mercados, cultura, festas, patrimonio, natureza, termalismo, gastronomía e deportes.

A xuntanza foi presidida pola Tenente de Alcalde, en nome do Alcalde, José Tomé Roca, e polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao. Na súa intervención, Gloria Prada, deu á benvida á cidadeaos 30 concellos participantes, destacando que Monforte é Capital da Ribeira Sacra, e detallou os principais recursos patrimoniais e gastronómicos da zona, animando aos participantes a descubrila, nesta ou noutra ocasión.

Do encontro participaron tamén representantes dos concellos galegos da Coruña, Carballo, Culleredo, Ferrol, Lugo, Narón, O Barco de Valdeorras, Ourense, Ribeira, Santiago de Compostela, Sarria e a Deputación de Lugo.

Dende Portugal participaron os concellos de Amarante, Barcelos, Braga, Bragança, Esposende, Fafe, Felgueiras, Guimarães, Maia, Matosinhos, Póvoa de Varzim, Santa María da Feira, Valongo, Viana do Castelo, Vila do Conde, Vila Nova de Famalicão e Vila Nova de Gaia.

ÚLTIMAS

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...

A familia de Pepiño moi agradecida e sorprendida pola repercusión da exposición de pintura na Biblioteca Municipal de Escairón

José Losada, ‘Pepiño’ para os amigos, é un veciño de Escairón moi popular no...