HomesociedadeO Rural Imaxinado: proxecto que busca reivindicar o dereito ao rural dende...

O Rural Imaxinado: proxecto que busca reivindicar o dereito ao rural dende a infancia

O obxectivo é implicar a diferentes territorios da provincia de Lugo, así como aos seus diferentes axentes, tendo como máxima a necesidade de (re)interpretar as narrativas en torno á ruralidade. Está financiado pola Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Rural Imaxinado é unha proposta promovida pola cooperativa Outonía S. Coop e financiada pola Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo. Un proceso de diagnose participada coas infancias de territorios rurais para tratar de abordar dende un enfoque de dereitos, o dereito ao rural.

A proposta pretende ter un carácter continuo e consolidarse como un proceso de investigación-acción participada que implique a diferentes territorios da provincia de Lugo, así como aos seus diferentes axentes, tendo como máxima a necesidade de (re)interpretar as narrativas en torno á ruralidade.

Nesta primeira fase, o achegamento faise a tres centros educativos da provincia de Lugo: Ceip de Quiroga, Ceip As Nogais e Ceip Samos, centros de ensino onde a través dun total de tres obradoiros, nos que se aplican diferentes metodoloxías e técnicas de investigación social cualitativa, trabállanse co alumnado de segundo ciclo de primaria, aspectos como o sentimento de identidade e pertenza ao territorio, os estereotipos que atravesan o imaxinario rural e as posibilidades de xerar narrativas propias de futuro.

Ademais, a proposta irá vinculada á creación dun material didáctico en formato fanzine que será publicado en aberto para poder achegar a metodoloxía a outros espazos, servindo como altofalante da voz das crianzas.

SENTIMENTO DE IDENTIDADE E LOITA CONTRA O DESPOBOAMENTO DO RURAL

O Rural Imaxinado xurde dunha proposta piloto, desenvolta no marco do proxecto Aldearmos: programa de dinamización comunitaria rural a través de propostas interdisciplinares” unha iniciativa que Outonía S. Coop desenvolveu en colaboración coa Rede Aldear e que inicialmente tivo como escenario seis centros educativos de concellos do interior de Lugo e Ourense –Folgoso do Courel, O Incio, Viloira, O Bolo, Ancares e A Rúa–. Dende esta entidade mantense a necesidade de concibir o territorio como núcleo da identidade individual e comunitaria e polo tanto como un eixo educativo dende o que se poden traballar aspectos tan centrais para o desenvolvemento das persoas como a autoestima, o sentido da pertenza, o apego, etc.

Dende a Cooperativa que impulsa o proxecto mantense que “esta iniciativa contribúe na necesaria aspiración de loitar contra o desmantelamento dos territorios rurais, constituíndose como un proceso que incide directamente na sensibilización, fomento do pensamento crítico e a necesaria toma de conciencia ante a necesidade de (re)pensar os rurais dende un enfoque de dereitos, plenitude e posibilidades”.

ÚLTIMAS

Torre da Homenaxe en verde este 21 de xuño no Día Mundial da ELA

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás persoas con ELA (Esclerosis Lateral...

Quiroga formará a traballadores de atención a persoas con dependecia e axuda no fogar

O ISSGA, Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, no seu Plan de...

Este 21 de xuño preséntase no Auditorio de Chantada o proxecto do Museo Manuel Jorge

A xornada incluirá un coloquio e unha visita ao edificio que albergará o museo,...

286.000€ para a mellora do Aeródromo das Lamas en Monforte

Asfaltarase o firme da pista de voo a través de aglomerado en quente e...