HomesociedadeHomenaxe a Rafa Aguiar polos seus 40 anos facendo radio na Ribeira...

Homenaxe a Rafa Aguiar polos seus 40 anos facendo radio na Ribeira Sacra

Será este 5 de xuño no Ateneo Casino ás 20:00 h. A iniciativa enmárcase na inauguración dun proxecto de dinamización da biblioteca da propia entidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Rafa Aguiar, “vasco de Monforte” como adoita dicir, ten orixes en Chantada e pasou en Bilbao a primeira fase da súa vida antes de fixar a súa residencia na cidade do Cabe. Apaixoado da comunicación, cumpre este 2024 corenta anos dedicándolle corpo e alma ao medio radiofónico tendo traballado para varias emisoras en Monforte ata crear no 2020 unha radio dixital baixo a marca de “Radio Monforte”.

Centrándose nesta efeméride, e aproveitando a presentación dun proxecto cultural do Ateneo Casino de Monforte, esta tarde terá lugar un pequeno acto para recoñecerlle a súa traxectoria radiofónica na Ribeira Sacra, tendo sempre Monforte como centro operativo. Será no Salón de Actos da entidade ás 20:00 h. con entrada libre ata completar aforo.

PROGRAMA

Ás 20:00 h. Presentación e homenaxe a Rafael Aquiar por Dona Aurora Azurmendi, directora do Ateneo Casino, e intervención do propio homenaxeado.

20:15 h. Inauguración da nova etapa da biblioteca coa ponencia “A radio na miña infancia” a cargo do catedrático D. Anxo González Guerra.

20:15 h. Inauguración do proxecto de dinamización cultural da biblioteca a cargo de Dona Mar López Sotelo, escritora e investigadora antropolóxica.

20:35 h. Intervención de Xosé Manuel Fernández Montes, xerente de Hermanager Producións e 2º Tenente de Alcalde no Concello de Quiroga.

Como continuación a estas intervencións haberá música e degustación de viño con produtos da terra. Viño da Adega Malcavada, da D.O. Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...