HomesociedadeConta atrás para a Tirolina do CCU en Monforte

Conta atrás para a Tirolina do CCU en Monforte

Estará na Praza da Compañía do 25 ao 29 de xuño, xunto coas outras actividades habituais: o rocódromo e os karts a pedais. Trátase dunha iniciativa do Centro Comercial Urbano de Monforte e as viaxes conséguense a cambio de compras nos establecementos asociados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU) dálle a benvida ao verán cun clásico xa do lecer monfortino nestas datas: a espectacular tirolina que atravesa a explanada da Praza da Compañía. Estará neste emblemático lugar do 25 ao 29 de xuño e, como noutras ocasións, acompañada do rocódromo e dos karts de pedais. Estas actividades, coas que colabora o Concello de Monforte, están cofinanciadas por REDIC – Rede de dinamización comercial da Xunta de Galicia.

TIROLINA DOBRE

Unha atracción que non pasa de moda e que cada ano segue mantendo o atractivo do primeiro día. E non é para menos, pois experimentar a sensación de flotar a varios metros sobre o chan a carón do monumento da Nosa Señora da Antiga é un auténtico privilexio. A actividade está aberta tanto para adultos como nenos maiores de 4 anos.

ROCÓDROMO E KARTS A PEDAIS

O rocódromo é unha actividade apta para nenos e adultos, cunha parede vertical pola cal rubir a unha altura importante e sempre coas garantías de protección de arneses, casco e monitores facendo seguimento.

E se o que vos gusta é conducir polo empedrado da Compañía, podedes probar a experiencia de pilotar algún dos entretidos karts a pedais. Esta actividade tamén se presenta para nenos e adultos, e no caso dos máis pequenos, estes poderán compartir a experiencia xunto a un adulto nun nosos karts de asento dobre.

COMO CONSEGUIR AS ENTRADAS?

Esta actividade, organizada polos comerciantes asociados de Monforte, ten como obxectivo recompensar aos seus clientes e revitalizar o comercio local. Deste xeito, as entradas obteranse facendo unha compra mínima de 10 € –ata fin de existencias– nalgún dos 160 establecementos vinculados ao Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte. Con cada entrada poderase acceder de balde a unha das actividades, a elixir: Tirolina, Rocódromo ou Karts a pedais.

Dende a organización recomendan estar pendentes das súas redes sociais ante a posibilidade de que se agasallen entradas: @ccumonforte en Instagram, Facebook e Twitter.

HORARIO

Tanto os Karts a pedais, como a Tirolina dobre e o Rocódromo, estarán abertos ao público no seguinte horario: mañás de 10:00 a 13:00 horas, e polas tardes/noites de 19:00 a 24:00 h

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...