HomesociedadeQue facía Víctor Fábregas hoxe en Quiroga?

Que facía Víctor Fábregas hoxe en Quiroga?

O coñecido actor, humorista e presentador estivo gravando un capítulo do programa da Galega, "Sen Código Postal".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo do programa da televisión de Galicia, “Sen Código Postal”, producido por Ézaro Films, estivo este xoves 6 de xuño gravando un capítulo por terras quiroguesas.

Este espazo, da man do actor, humorista e presentador Víctor Fábregas, fai un paseo polos concellos galegos para descubrir lugares e xentes de todos os recunchos de Galicia. Fábregas, que fai o papel de carteiro no programa, chegou esta mañá en bicicleta con cartas para varios veciños que se converteron en embaixadores do Concello de Quiroga.

En Montefurado puideron coñecer este emblemático lugar e tamén o aceite do colleiteiro Pedro Soto, en Quiroga deron conta dos Murais acompañados do técnico de turismo Alejandro; e no Museo Xeolóxico estiveron co seu director, Moncho Vila. Tamén se achegaron ata a empresa Caurelor para descubrir o mundo das castañas e as marmeladas.

Víctor Fábregas, moi coñecido nas pantallas galegas dende que formou parte dos Tonechos, aproveitou un alto na gravación para saudar ao alcalde e mandar un saúdo a todos os veciños e veciñas.

Víctor Fábregas co alcalde de Quiroga, José Luis Rivera. Foto: RTMQ

ÚLTIMAS

O alto seguimento da ‘programación starlight’ de Chantada avala o seu potencial

O potencial turístico de Chantada medrou e diversificouse nestes últimos tempos grazas a ser...

O bispo de Lugo e o alcalde de Monforte inauguran a reforma da igrexa de Santa María de Baamorto

Esta actuación forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Deputación Provincial de...

A EOI de Monforte acolle en outubro un curso básico en prevención de riscos laborais na construción

A duración da formación é de 60 horas das cales 20 son presenciais a...

Case 700 persoas correron este domingo en Monforte contra o cancro

A carreira e andaina comezou ás 12.00 horas, cunha participación de case 700...