HomesociedadeXornada de sensibilización sobre acromatopsia no colexio monfortino da Gándara

Xornada de sensibilización sobre acromatopsia no colexio monfortino da Gándara

O colexio da Gándara acolleu este venres, a cuarta edición do “Programa ColorADD nas Escolas” que se organiza a nivel nacional. Trátase do primeiro colexio público de España en acoller esta actividade de sensibilización.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O motivo de celebrar esta xornada en Monforte é debido a que unha alumna deste colexio, Diana López Méndez, padece esta enfermidade, a acromatopsia, unha condición xenética da visión que, entre outros síntomas, dificultan a interpretación das cores, provoca unha diminución severa da agudeza visual e unha alta sensibilidade á luz. Estes problemas dificultan en gran medida a vida dos afectados e os seus familiares, pero que ao tratarse de patoloxías pouco frecuentes (a acromatopsia só afecta a unha de cada 40.000 persoas) apenas contan coa investigación e divulgación necesarias.

A colaboración do Concello de Monforte coa asociación Acrómates, da que é secretaria a monfortina Ana Vanesa Méndez, nai da alumna afectada por esta enfermidade, traduciuse na doación de 65 Kits Coloradd, compostos dunha mochila, un caderno para colorear, unha caixa de lápices co código para identificar de que cor son e material informativo.

No acto, ademais da Tenente de Alcalde, tamén participaron a directora do Colexio da Gándara, María Prieto, un afectado por acromatopsia, Juan Manuel Lamoso, a secretaria de Acrómates, Ana Méndez, a responsable da asociación portuguesa ColorADD, Bárbara Santos, e a profesora que a ONCE asignou á alumna con acromatopsia, Aurora Rodríguez. A xornada tamén contou coa colaboración da óptica Adrián Salgado, da empresa Kidacu e do Hotel Cardenal.

A Tenente de Alcalde fixo entrega do material doado polo Concello, que serviu para que uns 60  alumnos e alumnas de 4º e 5º de Primaria do colexio fixeran a actividade práctica, logo das explicacións teóricas de sensibilización ofrecidas polo persoal da asociación portuguesa ColorADD, que é a que idea e fabrica os materiais entregados, e que permiten que o alumno se familiarice e aprenda o uso desta ferramenta, que permite a través de símbolos, saber de que cor se trata en cada caso.

Programa ColorADD nas Escolas

Tras un exitoso proxecto piloto en Vigo en abril do 2023 e os tres primeiros programas en Madrid, Valladolid e León, sumados aos 10 anos de experiencia en colexios de Portugal, o “Programa ColorADD nas Escolas” chegou ó  colexio A Gándara para seguir o seu percorrido polos centros educativos onde hai nenos afectados por estas enfermidades raras visuais: acromatopsia ou monocromatismo de conos azuis.

O Programa desenvolvido por ColorADD Social, asociación portuguesa sen ánimo de lucro que se dedica a promover a integración social das persoas con dificultades para identificar as coresmediante a adopción do código ColorADD, chega a España da man de ACRÓMATES, asociación española de afectados por acromatopsia e monocromatismo de conos azuis, entidade sen ánimo de lucro española que busca defender os dereitos das persoas con acromatopsia e MCA, así como impulsar a investigación e a divulgación dos avances científicos e clínicos sobre estes trastornos.

Estas dúas asociacións traballan conxuntamente no desenvolvemento deste Programa co obxectivo de promover a inclusión non discriminatoria dos alumnos con dificultades de interpretación da cor, mellorando a súa calidade de vida en canto á súa autoestima, autonomía e na súa relación interpersoal.

ÚLTIMAS

189.000€ para impulsar o emprendemento leva repartidos o Concurso de Proxectos Empresarais Semente Ribeira Sacra

Desde a Asociación Semente de Monforte e todas as empresas e institucións colaboradoras nesta...

A Deputación realiza obras de mellora na ponte que une Quiroga con San Clodio

Os traballos de conservación na ponte que une as localidades de Quiroga e San...

Enrique Pérez Losada, socio de honra no Círculo do Saviñao

O Círculo Cultural Recreativo Saviñao aprobou na última asemblea, a proposta dun grupo de...

‘Xornadas lactouras’ en Monforte

A Asociación Micolóxica Lactouros, cunha traxectoria de máis de 40 anos dedicados ao estudo...