HomesociedadeFeira de Artesanía e Produtos Lucenses, o 22 de xuño na rúa...

Feira de Artesanía e Produtos Lucenses, o 22 de xuño na rúa Cardenal de Monforte

A Deputación de Lugo organiza para este sábado, 22 de xuño, unha Feira de Artesanía e Produtos Lucenses,  xunto á Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (FADEMUR). A cita reunirá a 13 emprendedoras rurais que darán a coñecer entre as persoas asistentes os seus produtos, servizos e negocios asentados no rural da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade enmárcase dentro da programación de E para vivir Lugo. Na rúa Cardenal de Monforte contarase desde as 11:00h. con 13 stands de empresas lideradas por mulleres nos que os veciños e veciñas poderán degustar diferentes produtos artesanais como galletas e marmeladas artesanais ou embutidos porco celta. Ademais, tamén haberá diversos negocios de cerámica, cremas, aceites ecolóxicos e unha actuación musical en directo a partir das 17:00 horas.

As emprendedoras que participarán neste evento son: Ceniza de Papel de Lugo, Galletas Xianas de Taboada, Tres Caracoles de Lugo, Caurelor de Quiroga, Muuhlloa de Monterroso, As Coruxas de Foz, Tataraboas de Antas de Ulla, Celtagal de Mondoñedo, Naturantas de Antas de Ulla, Fusaiola de Vilalba, Lucecús de Guitiriz, Aceites Figueiredo de Ribas de Sil e Sacrapastas de Chantada.

A institución provincial organiza esta Feira dentro da programación de E para vivir Lugo, unha iniciativa que puxo en marcha a Deputación con fondos europeos para afrontar o reto demográfico. Este proxecto, con 300.000€ de orzamento, contempla 12 liñas de actuación, como a creación de oficinas para atraer poboación ao rural e atender aos novos residentes, ou as axudas para a diversificación dos cultivos, entre outras accións.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...