HomesociedadeCCOO acusa a mutua Egarsat de xogar coa saúde dos traballadores.

CCOO acusa a mutua Egarsat de xogar coa saúde dos traballadores.

O sindicato denunciou que esta mutua deulle a alta a unha traballadora do balneario de Augasantas , que ten un parte de accidente da empresa e que sofre fortes dores no ombreiro e no brazo.

Publicado o

- Advertisement -

Desde a secretaría de acción sindical de CCOO lamentan que mutuas como “Egarsat”, que colaboradora coa seguridade social, e con consulta no centro médico “TorreSalud” de Monforte xoguen coa saúde dos traballadores.

CCOO non entende como unha doutora dá a alta médica a unha traballadora do balneario de  Augasantas, aos 5 días de coller a baixa, cun parte de accidente da empresa e que sofre fortes dores en ombreiro e brazo, sendo a doutora coñecedora das funcións que realiza a empregada na sección de limpeza e lavandería do balenario. 

Desde comisións xa se denunciou a esta mutua, que prima os beneficios económicos por encima da saúde laboral, e tamén á seguridade social para que non se volva a repetir estas prácticas médicas abusivas.

A secretaría sindical ve con preocupación, que as mutuas miren o beneficio  e non lles preocupe a saúde dos traballadores.

 

ÚLTIMAS

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...