HomesociedadeA Feira Tradicional Outrora xa ten cartel

A Feira Tradicional Outrora xa ten cartel

A autora da obra gañadora é unha viguesa, Nina Rodríguez Rodríguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Bóveda vén de dar acoñecer a obra gañadora do X Concurso de Carteis da XX Feira Tradicional de Rubián ‘Outrora’.

A viguesa Nina Rodríguez Rodríguez, que recibirá un premio de 400 euros, foi a creadora da obra gráfica que será imaxe desta senlleira celebración que terá lugar o 14 de xullo. O cartel, coa información do evento no centro, amosa ilustracións con estampas de traballos rurais e elementos típicos das feiras tradicionais.

Ao concurso presentáronse un total de 18 orixinais chegados de diferentes puntos; da Comarca de Lemos, do resto de Galicia e tamén de fóra, de lugares como Madrid, Alicante, Zaragoza, Albacete ou Vitoria.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...