Homesociedade38.300€ na mellora da travesía de Cruz do Incio

38.300€ na mellora da travesía de Cruz do Incio

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas executa obras de mellora da estrada autonómica LU-644 á altura da travesía da Cruz do Incio, capitalidade do concello do Incio. Os traballos comezaron a finais da semana pasada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O orzamento ascende a 38.300 euros financiados con cargo ao contrato de conservación ordinaria e vialidade invernal da Zona Sur da provincia. O proxecto inclúe o reforzo do firme mediante o estendido dunha capa de formigón bituminoso e a adecuación de cotas á nova disposición das beirarrúas executadas polo Concello.

Tamén se construirán dous pasos peonís sobreelevados a petición da Administración local, coa finalidade de reducir a velocidade de circulación nesta zona urbana. A actuación completarase co repintado da sinalización horizontal en todo o treito obxecto de mellora, que abrangue 320 metros entre os puntos quilométricos 9+800 e 10+120.

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que ante as posibles interrupcións do tráfico para executar as obras, habilitaranse carrís alternativos e sinalizaranse desvíos provisionais mentres se opera na zona.

A estrada LU-644 ten 11,2 quilómetros de lonxitude e conecta Rubián, en Bóveda, coa Cruz do Incio. A finalidade da actuación é incrementar a seguridade e as prestacións da vía, concluíu Arias.

Travesía Cruz do Incio melloras / Delegación Terrirtorial

ÚLTIMAS

Presentación literaria de ‘María Hesse’ na adega Regina Viarum

A adega Regina Viarum, no corazón da Ribeira Sacra, será o escenario dunha nova...

Medio Rural pon en valor a aposta de Daveiga pola innovación e a transformación dos produtos agrarios

Nesta visita, a conselleira salientou a aposta pola innovación e transformación desta empresa que...

Máis de 200 actividades formativas no IV programa “Da Escola á Granxa”

O deputado, Daniel García, achegou estes datos sobre a cuarta convocatoria do programa nun...

María Pena López, nova centenaria de Quiroga

Esta centenaria asegura que o segredo para chegar a cumprir un século de vida...