HomeDeportesMonforte instala no Campo de San Antonio unha pantalla xigante para ver...

Monforte instala no Campo de San Antonio unha pantalla xigante para ver a final da Eurocopa

Con esta iniciativa, tal e como explica Tomé, “a partir das nove da noite do domingo, a Praza Campo de San Antonio convertirase nun punto de encontro para os afeccionados de fútbol que desexen ver á selección española no partido final do torneo europeo”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello instalará na Praza Campo de San Antonio unha pantalla xigante cun tamaño de 6 x 3 metros. Tal e como explicou o rexedor, a intención é que os afeccionados da Roxa poidan ver en directo a final entre España e Inglaterra que se celebrará este domingo día 14 de xullo ás 21:00 h da tarde.

O Alcalde explica que “este tipo de competicións son das que se desfrutan con familiares e amigos e a instalación dunha pantalla xigante, danos a posibilidade de que todos os veciños poidamos ver xuntos esta competición deportiva de carácter internacional e si a sorte acompaña, desfrutar xuntos tamén do éxito da selección española”.

O compromiso do concello co deporte volve a demostrarse con esta iniciativa. Tomé insiste en poñer en valor a importancia de fomentar que a xente practique deporte, sobre todo a xente máis nova, “axuda a crear hábitos saudables, a ter disciplina,  a facer cousas en equipo, a asumir a derrota sen frustración e a desfrutar dos éxitos resultado do traballo diario”.

O Alcalde anima a todos os veciños e veciñas a que o domingo se acheguen á Praza de San  Antonio “para unha noite histórica da nosa selección, á que lle desexo toda a sorte que necesite para facernos pasar outra xornada inolvidable”. A Policía Local controlará o tráfico na zona e no caso de que a afluencia de veciños o requira, procederase ó corte de circulación nas inmediacións do Concello.

ÚLTIMAS

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...

A Conselleira de Medio Rural avalía en Pantón e Folgoso do Courel iniciativas para a prevención de incendios e o desenvolvemento rural

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da...