Homesociedade115.400€ para mellorar a estrada provincial LU-P-5806, no Saviñao

115.400€ para mellorar a estrada provincial LU-P-5806, no Saviñao

O orzamento desta actuación ascende ata os case 115.400 euros e o prazo de execución do proxecto será de dous meses desde o inicio dos traballos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aproba a licitación das obras de acondicionamento e mellora nun treito de algo máis de oito quilómetros na estrada provincial LU-P-5806, que vai dende a parroquia de Freán ata a vía autonómica LU-617, ao seu paso por Diomondi, no concello do Saviñao.

García Porto destacou que “o tramo que se acondicionará vai desde o inicio da estrada ata o punto quilométrico 8,181 e as obras consistirán na reapertura de cunetas, na reparación de afundimentos e na repavimentación do firme”.

Así mesmo, a Deputada sinalou a relevancia deste proxecto para a zona da Ribeira Sacra “porque esta vía dá acceso a importantes recursos turísticos como a contorna de Belesar ou ao antigo palacio episcopal de Diomondi, que hoxe emprégase como un albergue de peregrinos ao seu paso pola ruta xacobea do Camiño de Inverno”, valorou García Porto.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...