HomesociedadeA A.V. do Saviñao fala de "agravio comparativo" entre concellos na estrada...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

"Somos conscientes da inmensa cantidade de quilómetros de estradas de competencia da Deputación no conxunto da provincia. Por iso a nosa demanda céntrase nas estradas que precisan unha atención urxente en función do seu estado de deterioro e do ratio de uso pola poboación", asegura a asociación veciñal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en Currelos e Diomondi. No caso da estrada de Currelos a Monforte destacan que presenta un excelente estado, “arranxado recentemente con aglomerado, dende Monforte ata xusto o límite deste municipio co do Saviñao no lugar das Fontelas. Xusto no límite de municipios a estrada convírtese nun suplicio con grandes fochancas e perda da capa de rodadura en numetosos puntos (Ousende, Aiaz, A Broza, Estrumil, Forcados) ata practicamente Currelos”.

Esta diferencia na atención na mesma estrada entre os Concellos de Monforte e o do Saviñao supón segundo a asociación, “un incomprensible agravio comparativo” e solicitan unha atención equivalente nesta estrada no territorio municioal do Saviñao.

Por outra banda refírense á estrada que vai da planta da láctea Celega a Diomondi. Nesta estrada conflúen moitos lugares das parroquias de Freán, Loredo, Santa Mariña, Laxe e Diomondi; ten por elo un importante movemento de veículos e alta frecuencia de uso. Ademais é a estrada que leva á icónica igrexa románica de Diomondi e ó Albergue do Camiño de Inverno a Santiago, polo que é unha vía frecuentada por numerosos visitantes e turistas.

Sobre esta vía aseguran desde a asociación, “A capa de rodadura está moi deteriorada e leva anos reclamando unha atención integral mais aló dos traballos de rebacheo habituais que xa son insuficientes pola degradación”.

Con todo a asociación pide que se inclúan estas dúas estradas nos proxectos inmediatos de reparación e mantemento das estradas provinciais de titularidade da Deputación.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...