HomesociedadePanorama e Combo Dominicano nas Festas de Quiroga

Panorama e Combo Dominicano nas Festas de Quiroga

As Festas Patronais de Quiroga terán lugar os días 8, 9, 10, 11 e 12 de agosto

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga comeza a facer públicas as actuacións das súas festas de verán, marcadas para os días 8, 9, 10, 11 e 12 de agosto. Cinco días con moita música nos que actuarán dúas das mellores orquestras de Galicia: a Panorama e o Combo Dominicano.

No programa festeiro non faltará un grupo de música tradicional de renome, o grupo folk Treixadura.

O espectáculo musical Michael Legend, un tributo musical ao Rei do Pop; o grupo Asia e os Gin Toni`s coas súas versións dos oitenta forman parte do cartel musical no que tamén está o grupo local revelación deste ano, Mario Colomán & The Clocks Band.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...