Homesociedade"O Monforte das Revoltas Irmandiñas" este 1 de agosto desde as 19:00h...

“O Monforte das Revoltas Irmandiñas” este 1 de agosto desde as 19:00h en San Vicente

O BNG convida a toda a comunidade a participar no acto aberto e a nivel comarcal que marcará o peche do Mes da Patria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade desenvolverase este xoves, día primeiro de agosto. Este evento consistirá nun roteiro guiado titulado “O Monforte das Revoltas Irmandiñas”, e contará coa participación de Rosana Prieto como guía oficial e Iván Álvarez, historiador e arqueólogo.

O roteiro dará comezo ás 19:00 desde San Vicente e concluirá aproximadamente ás 20:30 no restaurante Trés Pés, onde haberá petiscos de confraternización. O custo dos petiscos será de 20€ por persoa. As persoas interesadas en participar deben inscribirse no número 671473982.

Manuel Luaces, responsable local do BNG en Monforte explica, “Queremos subliñar que non é un acto dun partido político, é un acto aberto onde toda persoa que teña conciencia de país é benvida.”

ÚLTIMAS

Pontón compromete no primeiro día de campaña do BNG reforzar Monforte como nó ferroviario estratéxico

A portavoz nacional, Ana Pontón, comprometeu o traballo do BNG en Madrid para reforzar...

José Tomé acompaña ao candidato socialista ao Senado, Roberto Castro, no inicio da campaña en Monforte

Do acto de pegada de carteis participou o candidato ao Senado, Roberto Castro, que...

“Falamos de cousas que poden volver pasar”, Rocío, de Rebuldeira Teatro sobre a obra ‘Vermello, unha historia da Guerra Civil’

A compañía Rebuldeira Teatro, de Sarria, chega a Monforte por primeira vez na súa...

Interesante obradoiro sobre fiscalidade para emprendedores rurais

O vindeiro martes 1 de decembro a Fundación Acción Contra a Fame organiza un...