HomesociedadeSegredos de Pantón convida a participar na 'Ruta do Contrabando'

Segredos de Pantón convida a participar na ‘Ruta do Contrabando’

Será o vindeiro 11 de agosto comezando ás 8:30 h. na praza de Luintra xunto á igrexa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A entidade cultural Segredos de Pantón organiza un novo roteiro para o vindeiro 11 de agosto. O punto de encontro é a Praza de Luíntra, onde a Igrexa, o percorrido terá uns 16 quilómetros e a actividade é de balde.

“Neste roteiro coñeceremos o concello veciño de Nogueira de Ramuín, da man da asociación Móvete por Nogueira e o seu fabuloso roteiro do Contrabando onde descubriremos o entorno do Miño e do Sil”, comentan dende a organización.

Serán 16 quilómetros cun percorrido de dificultade media, recomendando levar calzado axeitado, auga e algo para picar. Non esquecer tamén levar crema e gorra ou sombreiro.

A ligazón para acceder ao percorrido do roteiro:
https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ruta-del-contrabando-nogueira-de-ramuin-ourense-ribeira-sacra-77450279

O punto de encontro será na Praza de Luintra xunto á igrexa ás 8:30 h.
https://maps.app.goo.gl/LzHc2bf3xLQ5Pkvx6

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...