HomesociedadeAdxudicado o contrato de mellora do camiño municipal das Lamas, en Monforte

Adxudicado o contrato de mellora do camiño municipal das Lamas, en Monforte

O concello de Monforte adxudica o contrato de mellora do camiño municipal nas Lamas, por 91.718€, que foi adxudicado á empresa Excavaciones P. Prol, tras a celebración das correspondentes mesas de contratación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mellora do Camiño municipal das Lamas foi un dos dous proxectos de mellora en infraestruturas da cidade que o rexedor monfortino anunciou o pasado mes de xuño. En concreto, trátase da mellora da pista do Aeródromo das Lamas, e completando a este proxecto, a mencionada mellora do Camiño municipal das Lamas. En conxunto, ambas actuacións superan “cuarto de millón de euros (286.108,42€), o que fala por si solo da súa importancia, e serán financiados con fondos municipais”.

O Camiño municipal das Lamas é unha pista de servizo que une a estrada de Currelos co Campo de Tiro, é dicir, é a pista que bordea o Campo de Voo dende as pistas de exame de conducir ata os hangares e a pista que da acceso ó Campo de Tiro e á pista do Canal. Polo tanto, súa mellora vai contribuír a proporcionar un mellor servizo ó propio Campo de Voo, ó Campo de Tiro e ós veciños da pista do Canal.

As obras de mellora nesta vía municipal contarán cun mes de prazo de execución, dende a sinatura da acta de replanteo, e consistirán na pavimentación con rego asfáltico do seu firme nunha lonxitude total de 1,54 km., sobre un ancho medio de 4 metros, polo que a superficie total de actuación será de 5.793 m2.

Dado que o firme, actualmente de terra, está deteriorado, é necesario unha actuación completa sobre o mesmo para proceder dotalo dunha nova capa de rodadura. Na parte da vía na que xa existe firme asfáltico, procederase ó seu barrido, bacheo e colocación de dobre rego asfáltico. Para a mellora do Camiño municipal das Lamas, o investimento dende o Concello foi de 98.874,04€.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...