HomesociedadeComeza a mellora da rúa Santiago, no barrio do Casar, en Monforte

Comeza a mellora da rúa Santiago, no barrio do Casar, en Monforte

A este proxecto o Executivo de José Tomé destina un orzamento de  51.653,11 euros. A obra foi adxudicada á empresa Francisco Gómez y CÍA SL, por un importe de 47.674 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este martes, 3 de setembro, comezaron as obras de mellora nunha das vías urbanas da cidade do Cabe, a rúa Santiago, no Barrio do Casar. Para poder levar a cabo as actuacións, o Concello adquiriu os terreos necesarios. O proxecto de mellora da rúa Santiago, conleva a reposición do seu firme nun tramo de 340 metros lineais por 5,97 metros de ancho medios, o que supón unha superficie de 2.030 metros cadrados

No tramo central onde a vía é máis estreita, existe un peche dunha parcela que se mete dentro da aliñación que definen os outros peches. Por iso, previo ó inicio das obras, o Concello de Monforte, procedeu a regularizar esa aliñación, ocupando parte desa parcela (32m2). Procederase á demolición do peche actual e á construción dun novo.

É necesario, así mesmo proceder ao fresado do entroncamento inicial e unha zona na parte central, previamente á colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente. Na parte final, antes do entroncamento coa rúa Chantada, rebaixarase a rasante da vía uns 10 centímetros para evitar a entrada de auga en varias entradas de garaxes alí existentes. Remtatarase coa colocación da nova capa de rodadura de aglomerado en quente e co posterior recalce das tapas existentes.

O alcalde, José Tomé, subliña que esta acción enmárcase dentro da súa folla de ruta para “a mellora do urbanismo da nosa cidade, e por iso nestes últimos 8 anos transformamos todos os barrios de Monforte”. De feito, a rúa Santiago era case a única rúa periurbana sen asfaltar.

ÚLTIMAS

120.000€ para a ampliación do aparcadoiro do Polígono do Reboredo

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o espazo onde se...

Mobilizacións contra os recortes no ensino en Ribas de Sil e Sober

Este domingo pola mañá, concretamente ás 11:00 h., daba comezo no CEIP de San...

Décimo aniversario do Festival As Cores do Outono, os días 27 e 28 de setembro na Pobra do Brollón

O festival de música galega de raíz As Cores do Outono, unha iniciativa do...

283 prazas para nenos e adultos nas Escolas Deportivas de Monforte

O Concello de Monforte oferta á cidadanía un amplo abano de actividades a través...