HomesociedadeI Torneo de Catán nas festas patronais de Sober

I Torneo de Catán nas festas patronais de Sober

O xogo de estratexia estará organizado por dous rapaces da localidade, Diego Arias e Santiago González.

Publicado o

- Advertisement -

Os mozos de Sober Diego Arias e Santiago González veñen de abrir o prazo de inscrición no I Torneo de Catán de Sober, un xogo de estratexia que estrearán nas festas da capitalidade, os días 13 e 14 de setembro.

O obxectivo do xogo é construír vilas, cidades e camiños sobre un taboleiro que é distinto en cada partida, mentres se van acumulando varios tipos de cartas que fan posible realizar diferentes construcións coas que conseguir puntos.

O primeiro xogador que chega aos dez puntos resulta o gañador e todos os semifinalistas e gañadores levarán un premio patrocinado polo Concello de Sober.

Segundo fontes do propio concello, a intención é que esta competición de estratexia se repita en adiante coincidindo coas festas da capitalidade.

INSCRICIÓNS

Será de balde e realizarase dende a páxina web: ttps://torneocatansober.wixsite.com/home, dende o correo electrónico torneocatansober@gmail.com ou a través da rede social ⁠Instagram: @torneocatansober

Para participar cómpre ter cumpridos os dez anos e, en caso de ser menor de idade, prégase a autorización dun titor legal cubrindo un formulario que será facilitado pola organización.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...