HomesociedadeA ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra protesta pola falta de seguridade...

A ANPA do CPI Poeta Uxío Novoneyra protesta pola falta de seguridade na estrada que leva ao colexio

Desde a Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) do CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel amosan a súa preocupación despois do incidente acontecido este martes 17-09-2024, no que un vehículo de transporte escolar da empresa Alfer sufriu un pinchazo no desvío alternativo habilitado debido ás obras na estrada principal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde a asociación de pais e nais deste centro de ensino que como resultado deste incidente, os menores víronse obrigados a baixar do vehículo e percorrer a pé o resto do tramo ata a aldea de Seoane, onde foron recollidos polas súas familias, mentres o tráfico continuaba aberto. “Transitar camiñando esta estrada supón un grave perigo, é tan estreito que na súa maioría os peóns non teñen espazo para apartarse en caso de cruzarse cun vehículo, o que incrementou de forma significativa o risco para a seguridade dos pequenos. Ademais, algúns nenos asustáronse, chegando un deles a chorar debido ao acontecido”.

Consideran que a situación é totalmente inadmisible e pon de manifesto a urxente necesidade de adoptar medidas axeitadas para evitar que incidentes coma este volvan suceder. Neste sentido, hai uns días a ANPA instou á empresa Alfer a dotar ás liñas de transporte escolar afectadas de medios adecuados para transitar por este desvío, que presenta pendentes de ata o 30%, solicitando a asignación de vehículos con tracción ás catro rodas e caixa redutora, cuestión pola que esperan resposta.

“É urxente que a empresa de transporte tome as medidas necesarias que garantan a seguridade dos escolares e eviten a exposición a situacións de risco coma a vivida. A protección e seguridade dos nosos fillos e fillas é unha prioridade que non pode ser comprometida”, afirman que de non ser atendidas estas reclamacións nos próximos días convocarán mobilizacións reclamando que se garantice a seguridade dos nenos neste traxecto.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...