HomesociedadeAta o 15 de outubro mercar en Sarria ten premio

Ata o 15 de outubro mercar en Sarria ten premio

Do 25 de setembro e ata o 15 de outubro, o CCU de Sarria organiza unha nova campaña para incentivar o comercio local e premiar a fidelidade dos clientes.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU, coa colaboración da Xunta de Galicia, desenvolve entre o día 25 de setembro e o 15 de outubro unha nova campaña para incentivar o comercio local e premiar a fidelidade dos clientes.

¡Eu merco en sarria, e ti?! é o nome da campaña coa que todos aqueles que realicen compras por importe igual ou superior a 25,00 € nos establecementos asociados conseguirán un regalo promocional, un landyard, serigrafiado e exclusivo da campaña, dos que se teñen feito 1.400 exemplares.

Os establecementos participantes son: “ÁBACO SARRIA, ATMOSFERA SPORT, BARJA SHOES, CACTUS ROSE, CALZADOS GAYOSO, CARPE DIEM, COLORÍN COLORADO, CRIS ABAD, DIMAR MODA, DUET MODA, ELECTRONOVA, EURONICS, JOYERÍA DÍAZ, JUGUETERÍA 1,2,3 ESCONDITE INGLÉS, LAR DE MENCHU, LOS SUEÑOS DE UXÍA, MERCERÍA LUCÍA, MERCERÍA SARILLO, MICSPORT, MONCHO MODA, SABRINA MODA, SENAYO, TRECE TABLAS STORE, ULTREIA, VEIGA CALZADOS, VILAMEY COMPLEMENTOS, ZAIDA”.

ÚLTIMAS

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...