HomeMovementos sociaisO Courel protesta camiñando por un transporte seguro

O Courel protesta camiñando por un transporte seguro

Este venres pola mañá a Anpa do colexio CPI Poeta Uxío Novoneyra organizou un acto reivindicativo en Seoane do Courel en demanda de vehículos apropiados para o tranporte do alumnado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A primeira hora deste venres concentráronse na aldea de Seoane as familias do colexio e realizaron unha andaina reivindicativa ata o colexio, seguindo a ruta alternativa que os nenos deben percorrer cada día para chegar á escola, xa que a estrada principal atópase cortada por obras dende o mes de agosto.

Os pais e nais do CPI Poeta Uxío Novoneyra reivindican un transporte seguro para os seus fillos mentres deban circular “por este precario e perigoso desvío. Este tramo é extremadamente sinuoso, estreito e cunha gran pendente, ademais de ter un firme esbaradizo de cemento, e cantos rodados nunha parte do percorrido”. As familias opinan que non se cumplen unhas condicións mínimas para que os transportes circulen por el con seguridade. Por este motivo, moitas veces están optando por  levar ós nenos andando ou con vehículos privados máis seguros, ou inclusive están deixando os cativos na casa, polo medo ao risco que supón circular por este desvío. 

Así logo, a ANPA solicita ás adminitracións competentes que habiliten vehículos apropiados á dificultade do terreo, con tracción ás catro rodas e caixa redutora, mentres continúe o peche da estrada principal. Ao acto uníronse ademais numerosos veciños do concello, en solidariedade cos cativos/as, e igualmente afectados por esta situación.

Protesta transporte Courel / Anpa CPI Poeta Uxío Novoneyra

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...