HomesociedadeTorre da Homenaxe en azul este 8 de outubro polo Día Internacional...

Torre da Homenaxe en azul este 8 de outubro polo Día Internacional da Dislexia

O Concello de Monforte súmase este martes, 8 de outubro, Día Internacional da Dislexia, á campaña Unidos pola Dislexia, e para elo a Torre da Homenaxe de San Vicente iluminarase de cor azul turquesa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Federación Española da Dislexia ten por obxectivo, a través da iluminación de edificios emblemáticos desta cor azul turquesa, facer visible este trastorno da aprendizaxe que perxudica á lectura e á escritura. A campaña busca así sensibilizar sobre esta dificultade específica da aprendizaxe que se calcula  afecta ó 10% da poboación mundial e busca garantir unha educación e un futuro en igualdade de condicións e oportunidades que o resto dos concidadáns.

“Dende o Concello de Monforte, sumámonos a esta iniciativa, facéndoa así extensiva a toda a cidadanía, iluminando para elo de cor azul turquesa a Torre da Homenaxe, pois este trastorno da aprendizaxe calcúlase que en España afecta a 4,6 millóns de persoas e a 800.000 nenos e nenas dos cales so o 33% recibe a atención profesional necesaria. . Ademais, estímase que as dificultades de aprendizaxe causan o 65% do fracaso escolar”, destaca o Alcalde, José Tomé Roca.

A dislexia é un trastorno da aprendizaxe da lectoescritura, de carácter persistente e específico, cuxo trazo principal é unha dificultade de específica e significativa no desenvolvemento das habilidades para a lectura e escritura, que non pode explicarse unicamente pola idade mental, problemas da precisión visual ou unha escolarización inadecuada, segundo defíneo a Organización Mundial da Saúde.

A dislexia é unha falta de habilidade para identificar os sons do fala e para comprender como estes se relacionan nunha estrutura de significado. Pode afectar outras habilidades da linguaxe como: a ortografía, a escritura e a pronuncia de palabras. Tamén existen dificultades de comprensión, memoria a curto prazo, acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda, así como dificultades nas nocións espazo-temporais, entre outras.

Segundo a Federación Española da Dislexia, o principal problema que ten a dislexia é que non é compatible co sistema educativo actual, pois, dentro deste, todas as aprendizaxes realízanse a través do código escrito, polo cal o neno disléxico non pode asimilar certos contidos de materias como Coñecemento do Medio, porque non é capaz de chegar ao seu significado a través da lectura. O neno/a disléxico debe poñer tanto esforzo nas tarefas de lectoescritura que tende a fatigarse, a perder a concentración, a distraerse e a rexeitar este tipo de tarefas.

A dislexia, supón moito máis que ter dificultades na lectura e na escritura, xa que existen problemas de compresión, de memoria a curto prazo, de acceso ao léxico, confusión entre a dereita e a esquerda ou dificultades nas nocións espazo-temporais.

A dislexia non é unha enfermidade, é unha condición do ser humano como calquera outra. Aínda que as causas exactas da dislexia non están completamente claras, a neurociencia mostra que a dislexia ten unha orixe neurobiológico. Afecta as zonas do cerebro que procesan a linguaxe e a comprensión de información. As imaxes cerebrais mostran que, cando a xente con dislexia le, usa partes do cerebro distintas ás que usan as persoas sen dislexia.

Calcúlase que só o 33% dos nenos e nenas con dislexia reciben a atención profesional necesaria. E estímase que as dificultades de aprendizaxe causan o 65% do fracaso escolar.

A avaliación e intervención temperá produce os mellores resultados. A maior parte das persoas con dislexia pode ter éxito na escola coa axuda dun programa de ensino especializado, así como cos axustes e adaptacións metodologias ou de acceso correspondentes. O apoio emocional tamén xoga un papel esencial na construción de autoestima fronte ás dificultades que presenta este trastorno do neurodesenvolvemento. En ocasións, a dislexia permanece sen ser identificada ata a etapa adulta, así que nunca é tarde para buscar axuda e desenvolver estratexias compensatorias.

O atraso na identificación da dislexia afecta autoestima de quen ten padécea. É de vital importancia recoñecer os síntomas desta dificultade de aprendizaxe canto antes no ensino primario e iniciar unha instrución específica de inmediato. Recibir unha identificación e un diagnóstico temperáns é fundamental para permitir que o alumnado con dislexia desenvólvase co maior éxito posible na etapa educativa na que se atope. A experiencia demostra que de non identificar, diagnosticar e intervir de forma temperá as consecuencias educativas e sociais e laborais na súa vida adulta poden ser moi graves.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...