HomesociedadeMonforte celebrou o Día Mundial contra o Cancro de Mama na rúa...

Monforte celebrou o Día Mundial contra o Cancro de Mama na rúa Cardeal

No transcurso do acto na rúa Cardeal, organizado por representantes e colaboradoras da Asociación Contra o Cancro en Monforte, unha paciente, Mónica, leu un manifesto con motivo desta conmemoración e levaron a cabo un acto floral, no que a través e macetas con prantas, compuxeron un lazo contra o cancro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada, en representación do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañada polo Concelleiro de Obras, Medio Rural, Servizos e Medio Ambiente, José Luis Losada, as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, Muller e Igualdade, Margarita López, Consumo, Regina López, e o concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, participaron este domingo dos actos de celebración do Día Mundial contra o Cancro de Mama que a Asociación Española contra o Cancro en Lugo organizou ás 12 horas na rúa Cardeal de Monforte. O Alcalde participou, á mesma hora en Lugo, como Presidente da Deputación, nos actos convocados pola Asociación contra o Cancro que se desenvolveron nos xardíns da Mosquera.

Aproveitouse a boa ubicación na céntrica rúa do Cardeal para vender plantas á xente que se achegou pola posto da asociación, unha forma de colaborar coa investigación contra o cancro.

A campaña da Asociación,  #ElRosaEsMásQueUnColor, representa apoio e loita contra o cancro. O rosa non é só unha cor que se ve moito no mes de outubro, o rosa significa investigación no cancro de mama, atención gratuíta a persoas con cancro de mama e as súas familias, detención precoz. 

Grazas a estas campañas conseguíronse grandes avances fronte ao cancro de mama, pero queda moito por conseguir: impulsar unha maior participación en detección precoz, reducir o impacto emocional e social e ter máis investigación en cancros de mama complexos.

O Concello colabora estreitamente coa Asociación Española contra o Cancro en Monforte, coa cesión de 3 locais para dita asociación, desde os que atenden a enfermos e familiares relacionados con esta enfermidade, e tamén na organización da Carreira contra o Cancro, cuxa última edición celebrouse o pasado mes de setembro de 2024.

ÚLTIMAS

Olga Novo participa nun acto coa ‘represión franquista contra a arte’ como protagonista

A voz da escritora Syra Alonso (A Coruña, 1899 – México, 1970) emerxe dende...

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...