HomesociedadeEnrique Pérez Losada, socio de honra no Círculo do Saviñao

Enrique Pérez Losada, socio de honra no Círculo do Saviñao

Aprobouse na última asemblea da entidade para recoñecerlle a súa implicación e dedicación.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -
O Círculo Cultural Recreativo Saviñao aprobou na última asemblea, a proposta dun grupo de socios e por unanimidade dos presentes, nomear a Enrique Pérez Losada “Socio de Honra”.

Enrique Pérez Losada, nacido en Escairón no 1930, foi un dos máximos impulsores da creación do Círculo Cultural Recreativo Saviñao en 1958 e presidente entre os anos 1960 e 1964, volvendo exercer a mesma responsabilidade entre 1970 e 1973. Tamén foi vogal de 1964 a 1968 sendo presidentes José Ramón Seoane Rocha e Mario López Fernández, e entre 1974 e 1979 con Camilo Rodríguez Curto ao fronte da sociedade, ano que foi elixido alcalde do Concello do Saviñao.

En palabras do presidente da entidade, Enrique Sampil, “pola súa entregada dedicación, polo impulso decisivo e o permanente afecto que lle dedicou a esta nosa entidade cultural e recreativa, a xunta directiva tamén considera que Enrique Pérez Losada é merecedor do máximo recoñecemento que prevén os estatutos do Círculo Saviñao”.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...