Homesociedade'A aceptación', tema do Faladoiro do Centro Social de Quiroga

‘A aceptación’, tema do Faladoiro do Centro Social de Quiroga

Será este 30 de outubro ás 18:00 h. na Biblioteca do Centro Social de Quiroga. A convidada será Esther Mariño, psicóloga do CIM.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Faladoiro é unha iniciativa impulsada dende o departamento de Servizos Sociais do Concello de Quiroga que se desenvolve os derradeiros mércores de cada mes na Biblioteca do Centro Social. Trátase dun espazo aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, unha charla co moderador introduce un tema no que os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

A convidada deste mes será Esther Mariño, psicóloga do Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga. Nesta xuntanza explorarase un tema fundamental na vida: a aceptación, pero non como sinónimo de resignación, se non como recoñecemento da realidade que nos permite medrar e atopar a paz.

Contando con Xosé Manuel Fernández, concelleiro de Servizos Sociais, como moderador, analizarase como a aceptación pode transformar a forma de relacionarnos con nós mesmos e cos demais.

ESTHER MARIÑO

Esther Mariño comezou a súa andaina profesional na pandemia do coronavirus, e esa experiencia ensinoulle a importancia da resilencia e a conexión humana en tempos de crise.

No que respecta á súa traxectoria profesional, ofreceu apoio emocional e psicolóxico na Asociación Xanela; traballando na inclusión á sociedade de colectivos desfavorecidos; e na Clínica Nós de Monforte, acompañando a persoas adultas no seu proceso psicolóxico e a nenos e nenas con diversos problemas. Dende hai un tempo está no CIM de Quiroga, onde traballa pola igualdade e axuda a moitas mulleres con diferentes problemáticas.

ÚLTIMAS

Convocado o concurso oficial para o cartel da XXII Feira Outrora de Rubián

O Concello de Bóveda vén de anunciar a convocatoria para participar no concurso gráfico...

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...