HomesociedadeAs últimas investigacións do cancro de colon a debate no Parador de...

As últimas investigacións do cancro de colon a debate no Parador de Monforte

O Parador de Turismo de Monforte acolleu durante este venres e sábado a Reunión de Consenso do Grupo Galego de Coloproctoloxía da Sociedade de Cirurxía de Galicia (SOCIGA). Encontro que xirou arredor da investigación sobre o cancro de colon

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta importante reunión de médicos, sanitarios e investigadores abordou, a través de diferentes conferencias e mesas redondas aspectos sobre a cirurxía do cancro de colon, planificación preoperatoria, tipo de tumores ou tratamento de pacientes, entre outros temas.

Na inauguración das xornadas, o rexedor monfortino estivo acompañado polo Presidente da Asociación Española de Coloproctoloxía, o doutor Alberto Parajó Calvo e aCoordinadora do Grupo Galego de Coloproctoloxía, a doutora Olga Maseda Díaz.

O rexedor municipal aproveitou a súa intervención para animar ós asistentes a disfrutar de Monforte e da Ribeira Sacra e descubrir a súa riqueza cultural, patrimonial, paisaxística e gastronómica.

Neste senso, José Tomé, salientou que “para o Concello de Monforte é unha satisfacción, poder volver a acoller na nosa cidade reunións e congresos desta índole, pois non so traen coñecementos, tan necesarios para a saúde dos nosos cidadáns, senón que tamén xeran actividade entorno á hostalería e ó comercio, e permítennos dar a coñecer o encanto da nosa terra”.

Segundo os datos do Observatorio do Cancro da Asociación Española Contra o Cancro, estímase que en España diagnosticáronse 40.203 novos casos de cancro colorrectal en 2023, converténdose así no tumor máis frecuentemente diagnosticado no noso país, considerando ambos os sexos.

Trátase do segundo tumor máis frecuente en homes despois do de próstata e o segundo en mulleres despois do de mama, sendo a súa incidencia lixeiramente maior en homes que en mulleres. En conxunto, o cancro colorrectal supón case o 15% de todos os tumores diagnosticados en 2023.

O cancro colorrectal supón a segunda causa de morte por cancro, só por detrás do cancro de pulmón. Segundo os datos deste Observatorio do Cancro en 2023 faleceron por mor do cancro colorrectal 15.385 persoas.

“Polo tanto, os avances que acaden dende a súa especialidade son fundamentais para a nosa sociedade, tanto no tratamento como na prevención deste tipo de cancro. Polo que, cada reunión que vostedes leven a cabo, será sempre unha boa noticia para todos nós como cidadáns que creemos na sanidade e na investigación públicas”, salientou o Alcalde.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...